jueves, 20 de octubre de 2011

CHEGA O SAMAÍN

 Xa sabedes que se achega o Samaín e para ir mergullándonos no mundo dos misterios deixo aquí unha canción sobre unha meiga algo tola. A ver si vos gusta!


    

  Ah!, esquecíame dun blues moi especial que canta o mestre Pescetti, no que conta unha historia moi orixinal e divertida sobre vampiros e noites escuras...titúlase BUAJAJAJA!

viernes, 14 de octubre de 2011

APRENDE COA PAPAGENA

   Agora vamos a traballar co 2º e 3º ciclo un pouco de linguaxe musical. Este xogo vainos axudar a aprender e repasar cousiñas de figuración, silencios, signos de repetición...atopeino no blog que descubrín últimamente "Mi música en el cole". Aproveitao e goza!

lunes, 10 de octubre de 2011

ACTIVIDADE INTERACTIVA

Interesantísima esta actividade sobre os distintos estilos musicais e as súas décadas. é unha actividade realizada por Marina CTristán para o seu blog "Mi música en el cole". Imos aproveitar para mergullarnos no rock, o pop, o heavy metal e tódos os estilos dende os anos 50 ata a actualidade.Atende e escoita que comenzamos!

domingo, 9 de octubre de 2011

MÚSICA PARA PEQUES!



Chegou a hora dos pequeniños! Vamos aprender a canción do pirata Juanito e con ela tamén descubriremos a súa historia gracias ó blog "Mi música en el cole"




Esta actividade recollida da "casa de tolos" tamén moi interesante para traballar cos de infantil...fuchica e xoga!


E despois desto,  podemos ver e gozar de dous vidios relacionados coa música. Pincha nos títulos!

domingo, 2 de octubre de 2011

INVESTIGANDO

 Estas semanas imos descubrir novos sons e novas culturas musicais, así que comenzamos cun traballo de investigación ben sinxelo: sabedes que é unha TXALAPARTA? Non? Pois veña aquí empeza a vosa pesquisa.
  Mentres tanto para ir abrindo boca, ahí vos deixo un entrante que quizais de pistas...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...