lunes, 30 de noviembre de 2015

Magosto 2015

A principios deste mes celebramos o magosto no cole. Fixemos unha chea de xogos populares coma carreiras de sacos, tiramos da corda, o xogo das sillas, encestar a castaña...ó rematar e unha vez asadas as castañas, cada un recibiu o seu cucurucho e...a papar!




miércoles, 25 de noviembre de 2015

NON A VIOLENCIA

Este ano cada unha das clases do CPI estamos a facer un eslogan contra a violencia machista, para encher o cole de mensaxes contra esta lacra. Subiremos as fotos do noso traballo.
Por outra banda hai unha campaña de" Non violencia de xénero" con material didáctico para tratar en infantil e primaria, so tedes que pinchar AQUI

E para continuar neste 25 de novembro aí van uns cantos vidios para tratalo na escola

Dende Compostela levaron a cabo unha iniciativa ben chula, os comercios vestiron os escaparates de negro e con mensaxes en contra a violencia machista. Mirade, mirade...



  Outro documental interesante titulado "querernos bien"...pincha no enlace

O prometido é débeda, aquí colgamos algunhas fotos das mensaxes que fomos poñendo polos corredores do centro contra a violencia machista.









martes, 24 de noviembre de 2015

UN POETA CADA MES

Dende o equipo de animación á lectura do noso cole, se está levando a cabo un proxecto ben xeitoso. Titúlase "Un poeta cada mes" e como ben refire o título trátase de abordar un poeta ou poetisa galega cada mes. Na clase xa temos un curruncho onde poñemos a fotografía, o nome, a biografía e bibliografía.Tamén pegamos os traballos que facemos.


  Este mes tocoulle o turno a Xosé Neira Vilas. Estivemos lendo sobre a súa vida no exilio, lemos distintos poemas dos seus libros e escoitamos algún musicado pola Quenlla. Logo en equipos eleximos un, copiámolo e ilustrámolo para logo pegalo no recuncho. Agora temos que aprendelo porque imos facer un concurso de recitado. O gañador gravarémolo para que o vexades neste blog.


 


miércoles, 4 de noviembre de 2015

CONTOS ARREPIANTES!

O prometido é débeda! Aquí están as obras de arte dos rapaces/as de 4º de primaria do cole. Como explicamos na anterior publicación, tiramos catro dados onde nos tocaba un personaxe, un comenzo para o conto, un lugar e un obstáculo. Con isto fixemos as nosas historias de medo e quedaron así de ben. Noraboa!


                    CONTOS ARREPIANTES from Maruxeira on Vimeo.

Este ano dende dinamización lingüística propuxemos o I concurso de portas arrepiantes. Cada curso recibiu un conto de medo e inspirados no mesmo había que decorar a porta da clase.O rematar todos fomos a velas e votamos a que mais nos gustou. Pero resultou que houbo un empate e todos gañamos este I concurso e recibimos uns libros para a biblioteca da aula e algunhas chuches para endulzar este Samaín. Aquí tedes unha mostra das nosas portas. Uns artistas!            
             
               PORTAS ARREPIANTES´15 from Maruxeira on Vimeo.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...