Este ano para celebrar o nadal fixemos un biscoito que nos saliu riquísimo!. Tamén nos visitou PapaNoel, e bailamos cun animador que troxo ANPA.Mirade a pinta do biscoito!
Aquí temos un vidio sobre o Apalpador
Cantiga sobre o Apalpador de Paco Nogueiras no disco de "Brinca vai"
No CRA de Bergondo fixeron un xogo para coñecer mellor a flora e a fauna do Caurel, a terra do Pandigueiro:
Seguindo coa actividade de "Un poeta cada mes", este mes toca trabalar con Gloria Sanchez. En primeiro lugar investigamos sobre a autora e para iso fomos a aula de informática onde atopamos os datos que buscabamos. Logo escollemos un poema e o aprendemos de memoria. É unha autora moi prolífica, e lemos e olleamos moitos dos seus libros, tanto de poemas coma de teatro e novela xuvenil. Moito aprendemos sobre esta mestra-escritora!
Outra cousa pendente é o noso concurso de recitados de poemas de Xosé Neira Vilas, e que mellor homenaxe ao recén desaparecido poeta, que os nenos e nenas de 4ºde primaria, recitándoos.
A cousa está complicada para decidir quen foi o mellor recitando...que opinades?