Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.
O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.
Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. Tamén deixa agasallos agachados pola casa para que os nenos e as nenas os busquen o se ergueren. Se queres saber mais sobre o apalpador, lee o conto pinchando no libro...
Aquí tamén podedes atopar moitas obras de teatro para traballar no Nadal e noutras festas do cole.
jueves, 2 de diciembre de 2010
sábado, 23 de octubre de 2010
SAMAIN
O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no día de Todos os Santos. Esta festa levaba moitas décadas esquecida, pero que nos últimos anos se está volvendo a recuperar grazas o traballo das escolas e algúns concellos galegos.A noite do 31 de outubro comenza o aninovo celta, remata o verán e comenza o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. Para saber mais
Aquí tes unha morea de debuxos terroríficos para pintar e decorar. So tes que pinchar aquí
Veña unhas poucas cancións de Samain!
Aquí tes unha morea de debuxos terroríficos para pintar e decorar. So tes que pinchar aquí
Veña unhas poucas cancións de Samain!
Recopilación de recursos para o Samaín, do Ceip Victor Sáenz. Moi interesante!
viernes, 11 de junio de 2010
PÁXINAS INTERESANTES
martes, 16 de marzo de 2010
XOGOS MUSICAIS
INSTRUMENTOS GALEGOS
Aquí tedes unha presentación cos instumentos do folclore galego e a súa clasificción por familias. A ver si os coñeces todos?
miércoles, 3 de marzo de 2010
BAILADORES POLA PAZ
O 30 de xaneiro, celebramos o día da paz e a convivencia coa lectura de
poemas, cancións e danzas como estas :
"O REGADINHO"(Danza Portuguesa) ---- "SETE PASOS"( Danza Noruega)
Mira neste enlace a canción feita por "Fuxan os ventos" dun poema de Celso E. Ferreiro
martes, 2 de marzo de 2010
OS INSTRUMENTOS QUE FIXEMOS
sábado, 27 de febrero de 2010
viernes, 26 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)