domingo, 27 de febrero de 2011

ENTROIDO

Xa chega o entroido!. Estamos preparandonos para recibir as ordenes do meco, para o xoves fareleiro e para a cabalgarta de entroido do venres. Mentres tanto imos mergullándonos no tema grazas a todos este recursos que temos grazas o "Recanto de Mik".
Igual xa eres expert@ en entroidos pero aínda podes aprender máis con estas actividades que atopamos " Na casa de tolos"


Aquí tes mais cousiñas para traballar nesta época tan divertida e festiva do ano. A gozalo!


"Mamá eu quero, mamá eu quero


mamá eu quero o entroido.


quero filloas, e quero grelos,


e difrazarme na rúa e no colexio"




martes, 22 de febrero de 2011

DÍA 8 DE MARZO: IGUALDADE

Vai achegándose o día da muller traballadora, así que aproveitamos para traballar a coeducación e a igualdade de xénero. AQUÍ podemos atopar unha chea de actividades e recursos para esta semana ou mais ben para todo o ano.
Este vidio titúlase Sueño imposible? A tí que che parece
Este outro é unha curtametraxe titulada Vestido nuevo, seguimos mergullándonos no tema da homosexualidade
Outra páxina con recursos, xogos, contos e actividades para traballar a igualdade de xénero
E por último un vidio moi curioso SORKUNDE, espero que vos guste.

miércoles, 2 de febrero de 2011

CINE GALEGO

Aproveito para recoller unhas curtametraxes exemplo do bo cine galego. A primeira titúlase Escola das Áreas , paga a pena a historia, a forma e o fondo. Disfrutadea!

Esta outra é moi interesante para traballares problemas como a homofobia. Educación en valores nunha curta ben ben bonita titulada VELLAS.


Por último e non por iso peor unha curta dun texto de Saramago, onde fala da importancia dos contos infantís e do que aprenderíamos os adultos da súa lectura. Títúlase "A MAIOR FLOR DO MUNDO"

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...