lunes, 25 de noviembre de 2013

25 N: SE QUERES DAR ABRAZOS POR QUÉ DAR TORTAZOS?

Outro ano máis conmemoramos o 25 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cómo me gustaría que non existira tal conmemoración!!!! Nas aulas podemos aportar o noso gran de area fomentando a coeducación, a igualdade e o respecto.


Na casa de tolos tomei prestadoeste conto, LOS COLORES . Precioso! Pinchade no título e mirade...

TODOS OS DÍAS SON O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER.
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, NIN HOXE ,NIN NUNCA.

martes, 19 de noviembre de 2013

Quen dixo que a música clásica non é divertida?

 A música clásica segue a ser unha fonte inagotable de inspiración para os músicos, directores de cine, pintores, publicistas...de feito, en moitas ocasións nin nos decatamos da vixencia da novena sinfonia ou a Traviata , presentes nun anuncio, nuha peli ou nos moviles.
   Neste recurso, danse a coñecer os grandes clásicos dun xeito sinxelo e divertido. Trátase da compilación dalgunhas das óperas mais impottantes da historia: Para Elisa, la Quinta Sinfonía, la Pastoral o la Patética, de Beethoven.
   O autor deste recurso seleccionou unha serie de vidios de youtube e enlaces a outras páxinas  nos que se repasan, de maneira didáctica e adaptada ó alumnado estas lexendarias composicións


Canción de Cuna, la Flauta Mágica y la Marcha Turca, de Mozart


 Aida y La Traviata, de Verdi; o la Balada nº 2, de Chopin



martes, 12 de noviembre de 2013

ESTAMOS COMPOÑENDO!!

Os compañeiros de 6º e 5º estamos provando un programa moi interesante. Chámase incredibox e permítenos elexir entre varios efectos, melodías e voces e facer a nosa propia composición. É moi dibertido e empezan a chegar xa as primeiras obras destes artístas camariñeses!.Esta é unha mostra, é de Martín de 6º A, noraboa! Pinchade na foto e escoitade!




Moi ben rapaces/as, sodes uns artistas. Boa participación!!

lunes, 11 de noviembre de 2013

MAGOSTO EN CAMARIÑAS


O pasado venres 8 de novembro festexamos o Magosto. Sí, ultimamente se nos xuntan as festas, pero a época das castañas xa ven dende fai un tempo...Comemos castañas asadas, tivemos un pequeno concerto que Carla, Valeria e Sara nos deron coa gaita e pandeiretas. Despois fixemos xogos relacionados coas castañas. Música,castañas e xogos, iso sí que é un bo magosto!

domingo, 3 de noviembre de 2013

CELEBRANDO O SAMAÍN

O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. Fixemos unha exposición de cabazas arrepiantes e logo houbo premios as catro mais terroríficas: un por ciclo.
Despois disfrazámonos e visitamos a portas das clases porque hai un concurso de portas, a ver cal delas mete mais medo!. Merendamos e vimos pelis de medo. Un Samaín completo! Mirade, mirade...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...