viernes, 18 de diciembre de 2015

nadal 2015

Este ano para celebrar o nadal fixemos un biscoito que nos saliu riquísimo!. Tamén nos visitou PapaNoel, e bailamos cun animador que troxo ANPA.Mirade a pinta do biscoito!

















Aquí temos un vidio sobre o Apalpador


Cantiga sobre o Apalpador de Paco Nogueiras no disco de "Brinca vai"

No CRA de Bergondo fixeron un xogo para coñecer mellor a flora e a fauna do Caurel, a terra do Pandigueiro:

lunes, 14 de diciembre de 2015

A POETA DO MES:GLORIA SANCHEZ

Seguindo coa actividade de "Un poeta cada mes", este mes toca trabalar con Gloria Sanchez. En primeiro lugar investigamos sobre a autora e para iso fomos a aula de informática onde atopamos os datos que buscabamos. Logo escollemos un poema e o aprendemos de memoria. É unha autora moi prolífica, e lemos e olleamos moitos dos
seus libros, tanto de poemas coma de teatro e novela xuvenil. Moito aprendemos sobre esta mestra-escritora!


                       










jueves, 3 de diciembre de 2015

IN MEMORIAM...

Outra cousa pendente é o noso concurso de recitados de poemas de Xosé Neira Vilas, e que mellor homenaxe  ao recén desaparecido poeta, que os nenos e nenas de 4ºde primaria, recitándoos.
 A cousa está complicada para decidir quen foi o mellor recitando...que opinades?
                              Fátima from Maruxeira on Vimeo.
                              Gabriel from Maruxeira on Vimeo.
                            Marta from Maruxeira on Vimeo.
                            Pedro from Maruxeira on Vimeo.
                         Juan from Maruxeira on Vimeo.
                              Antonio from Maruxeira on Vimeo.
                          Adam from Maruxeira on Vimeo.
                           Noelia from Maruxeira on Vimeo.
                           Samuel from Maruxeira on Vimeo.

lunes, 30 de noviembre de 2015

Magosto 2015

A principios deste mes celebramos o magosto no cole. Fixemos unha chea de xogos populares coma carreiras de sacos, tiramos da corda, o xogo das sillas, encestar a castaña...ó rematar e unha vez asadas as castañas, cada un recibiu o seu cucurucho e...a papar!




miércoles, 25 de noviembre de 2015

NON A VIOLENCIA

Este ano cada unha das clases do CPI estamos a facer un eslogan contra a violencia machista, para encher o cole de mensaxes contra esta lacra. Subiremos as fotos do noso traballo.
Por outra banda hai unha campaña de" Non violencia de xénero" con material didáctico para tratar en infantil e primaria, so tedes que pinchar AQUI

E para continuar neste 25 de novembro aí van uns cantos vidios para tratalo na escola

Dende Compostela levaron a cabo unha iniciativa ben chula, os comercios vestiron os escaparates de negro e con mensaxes en contra a violencia machista. Mirade, mirade...



  Outro documental interesante titulado "querernos bien"...pincha no enlace

O prometido é débeda, aquí colgamos algunhas fotos das mensaxes que fomos poñendo polos corredores do centro contra a violencia machista.









martes, 24 de noviembre de 2015

UN POETA CADA MES

Dende o equipo de animación á lectura do noso cole, se está levando a cabo un proxecto ben xeitoso. Titúlase "Un poeta cada mes" e como ben refire o título trátase de abordar un poeta ou poetisa galega cada mes. Na clase xa temos un curruncho onde poñemos a fotografía, o nome, a biografía e bibliografía.Tamén pegamos os traballos que facemos.


  Este mes tocoulle o turno a Xosé Neira Vilas. Estivemos lendo sobre a súa vida no exilio, lemos distintos poemas dos seus libros e escoitamos algún musicado pola Quenlla. Logo en equipos eleximos un, copiámolo e ilustrámolo para logo pegalo no recuncho. Agora temos que aprendelo porque imos facer un concurso de recitado. O gañador gravarémolo para que o vexades neste blog.


 


miércoles, 4 de noviembre de 2015

CONTOS ARREPIANTES!

O prometido é débeda! Aquí están as obras de arte dos rapaces/as de 4º de primaria do cole. Como explicamos na anterior publicación, tiramos catro dados onde nos tocaba un personaxe, un comenzo para o conto, un lugar e un obstáculo. Con isto fixemos as nosas historias de medo e quedaron así de ben. Noraboa!


                    CONTOS ARREPIANTES from Maruxeira on Vimeo.

Este ano dende dinamización lingüística propuxemos o I concurso de portas arrepiantes. Cada curso recibiu un conto de medo e inspirados no mesmo había que decorar a porta da clase.O rematar todos fomos a velas e votamos a que mais nos gustou. Pero resultou que houbo un empate e todos gañamos este I concurso e recibimos uns libros para a biblioteca da aula e algunhas chuches para endulzar este Samaín. Aquí tedes unha mostra das nosas portas. Uns artistas!            
             
               PORTAS ARREPIANTES´15 from Maruxeira on Vimeo.

jueves, 29 de octubre de 2015

FELIZ SAMAÍN!

Os nenos e nenas de 4º estamos a facer o noso libro de medo. Para iso temos catro dados:un con personaxes terroríficos, outro con lugares, outro con comenzos para as historias e o último con obstáculos a superar. Cada un de nos tirou os dados e co que saiu tivemos que inventar unha historia arrepiante. Aquí estamos no proceso. Cando teñamos o noso libro xa o subiremos aquí.



Contos de medo - Kizoa Movie Maker

O material para facer os cubos saqueino do blog de  aulaticferrol. Obrigadinho!

Aquí poñemos tamén unha chea de recursos para o samaín. Pincha na foto e que preste!



miércoles, 16 de septiembre de 2015

FELIZ VOLTA AO COLE!



Xa comezamos o novo curso, estamos en 4º de primaria!.
Estamos moi contentos, ainda que somos menos. Marcharon Lina, Zouhair, Zacaria e Iker e imos botalos moito de menos.
Agora somos so estes: Samu, Juan, Antonio, Pedro, Gabriel, Fátima, Marta, Adam e Noelia


Por último deixarvos  unha receita para comezar o novo curso, que atopamos no blog de aulaticferrol.




sábado, 27 de junio de 2015

Fin do curso 14/15

O prometido é deuda!. Aquí estamos todos e todas(menos Lina) o último día de clase. Meus cativos, deséxovos o mellor verán!!!! Disfrutade moito e a coller fozas para o próximo curso.
Moitas apertas para tod@s e tamén para as vosas familias!

 Felices vacacións!


domingo, 17 de mayo de 2015

Letras galegas 2015

Para estas letras galegas fixemos un mural  e nos botaron moito a lingua! Gústache? Cal é a túa lingua?

Seguindo unha iniciativa da CGENDL, colaboramos na difusión dunha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual, espallando o video: "PRESUME DE GALEGO" polas redes sociais para que o 17 de maio non seña a meta senón a liña de saída.




Tamén nos visitou Fran Alonso, e como estiveramos lendo o seu libro "O meu gato é un poeta", fixemos un caligrama cos nosos versos. Durante todos os luns do curso, dende normalización lingüística puxeron no corredor palabras fermosas en Galego. Eleximos as mais bonitas de todas e con iso e en equipos de aprendizaxe cooperativo fixemos uns poemiñas. Están no gato, velos?





Maios

Este ano tivemos a sorte de que o pai de Noelia fíxonos a estrutura dun maio. Así que trouxemos o fiuncho e as flores e nos puxemos mans a obra. Quedou chuliño pero ademais aprendemos unhas coplas de maio para cantar a ritmo duns paus (de 13 Lúas), que decía así:

Para cantar este maio
tivemos que ir a roubar
o fiuncho e mailas flores
 a casa de Ferradás.
Ailalalá ailalelo ailalá!

Viu Ferradás
cunha escopeta vella
pegounos un tiro 
e rachounos unha orella.
Ailalalá ailalelo ailalá!





lunes, 27 de abril de 2015

RECITANDO POEMAS

 Co gallo do día da poesía, alá por finais de marzo, estivemos facendo Biopoemas, que non son mais que poemas sobre a nosa vida. Había que facelos seguindo esta estrutura, ainda que podía haber variacións:
1ª liña: O noso nome
2º liña: Algún adxectivo que nos defina
3ªliña: Fillo/a de ...
4ª liña: A quen lle gusta ...
5ª liña: Que odia...
6ª liña: Que lle ten medo a ...
7ª liña: Que soña con ...
8ª liña: Que está fachendoso/a de ....
9ª liña: Que vive en ...
10ª liña: O apelido
Unha vez rematados ilustrámolos coas nosas fotos pero utilizando un programa chamado PicJoke que as convierte en debuxos a lapis. Estos son exemplos de como quedaron estes traballiños.
(Agradecer a aulaticterradeferrol esta idea tan chula) 
                                                                               
                   

 Tamén gravamos estes poemiñas. A ver que vos parecen!

         

         

         

        
            

viernes, 24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO



Estas semanas estivemos lendo estes libros no cole " O soño de Esther" para os mais pequenos e "A nena a quen non deixaban ser feliz" de Miguel Anguel Alonso Diz. Traballamos a reo e fixemos un gran mural no corredor. @S  cativ@s de 3º participamos con instruccións e receitas para ser feliz. Onte 23, veu a visitarnos o autor.



Durante o curso a nosa clase vistou unha vez por semana a biblioteca  para levar un libro a casa. Unha vez lido facíamos unha cadea co título, autor/a, e un pequeno resumo. A esto chamámoslle cadeas lectoras(guiño á xoaniña favorita). Según foi pasando o curso o cativo/a que chegaba a 10 cadeas convertíase en rei ou raíña lectora e coloreaba o seu premio-debuxo. Onte, día do libro contamos as cadeas de cada un, unímolas todas e contamos outra vez: limos 215 libros entre tod@s!. Para velo mais gráficamente colgamos a cadea xigante no corredor do cole!

   
                                                                 
(Dibuxo de rei/raíña lectora sacado da páxina de Mamacabra)

domingo, 22 de marzo de 2015

Rectas, ángulos e xeometría


Como estamos traballando en mates os temas das rectas e angulos, nestes xogos interactivos poderemos repasar todo o que xa sabemos. Proba a ver si eres un experto!


Nesta aplicación tamen poderemos calcular os perímetros dos distintos polígonos.
Pincha AQUÍ

Nesta outra páxina hai un feixe de exercicios para traballar os contidos das matemáticas que se dan en 3º de primaria Pincha e xa verás

Outro xogo de xeometría

domingo, 1 de marzo de 2015

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración  o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro. Este ano, baixo o lema "Eu son Rosalía" nos convida a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada...

Unidade didáctica de Cristina Corral Soilán 
Libro Lim baseado no libro Rosalía editado pola fundación Rosalía de Castro e narrado por Sara Ferrín Pérez
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html

Libro Lim do poema Parece unha Rosa
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html

Fixemos comics a través dun programa de ordenador sobre a vida de Rosalía!

No seguinte enlace  atoparedes unha antoloxía de poemas de Rosalía de Castro musicados. Podes escoitar os que queiras e ler o poema. Disfrutao. Pincha



 Tamen fixemos este "comecocos"
con anacos de poemas de Rosalía de castro






Fixemos este mural con anacos de poemas de Rosalía de Castro e tamén coas ilustracións do libro "Adios rios, adios fontes" de bahía edicións, ilustrado por Rodrigo Chao, decoramos o pasillo.


 




Moito deste material atopeino en www.ospoemasdorio.comaulatic-terradeferrol.blogspot.com
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...