viernes, 29 de septiembre de 2017

BENVIDOS AO TOURAL!

Un ano mais aquí estamos comezando un novo curso no C.P.I. do Toural en Vilaboa. Este ano somos un grupo de 22 alumn@s  4º de primaria e empezamos o curso con moitas ideas e  ilusións. Estes da foto somos nos. Mirade que guapiños ! 

Para darlle a benvida a este novo curso 2017-2018 viñeron da escola de música do concello a facernos un concerto e de paso inauguramos o mosaico da entrada. No concerto tocaban alumnos do cole entre eles o noso compañeiro Brais que sorprendeunos tocando estupéndamente a trompeta!. Outro día tamén viñeron a bailar outros compañeir@s que fan baile tradicional, entre eles estaba a nosa Lucía que lle deu a punta e o tacón con moita gracia! Aquí tedes unha fotos deste actos de comenzo do curso.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...