martes, 14 de noviembre de 2017

Repasando Naturais

Como estamos a repasar  para o control dos seres vivos de ciencias naturais, aproveitaremos estes recursos para traballar o tema. Pinchade na imaxe e comprobade todo o que sabedes sobre as plantas, as súas funcións e demais materia do tema.

Segue aprendendo...

Outro mais




domingo, 12 de noviembre de 2017

Samaín 2017

Este ano polo Samaín as profes de inglés fixeron contacotos a aprenderon cancións de halloween. Moitos nenos e nenas de primaria viñeron disfrazados, aquí tedes unha pequena recopilación de fotos e unha canción. Que medooooo!

viernes, 10 de noviembre de 2017

EXPRÉSOME OS XOVES!

Aquí seguimos escoitando novas cancións e expresando as emocións que nos suxire...As últimas semanas escoitamos un pouco de blues, música clásica e Rock and Roll. Aquí deixo as pezas escoitadas por se queredes botarlle unha orella na casa.


Desta última de AC/DC, vimos unha versión con violonchelos que é moi interesante e que gustou. Aí a tedes!

lunes, 30 de octubre de 2017

QUE TIPO DE MONSTRO SON?

Unha actividade que estamos a facer para o Samaín é Que tipo de monstro son? e consiste en  ver que monstro somos según a nosa data de nacemento e a inicial do noso apelido buscando nesta táboa que saquei do blog de aula tic Ferrol.


Saen cousas moi divertidas como vapiros traga dedos, cíclopes come sesos ou Momias escupe culebras....mirade como quedaron os nosos monstros!




martes, 24 de octubre de 2017

EXPRÉSOME OS XOVES!

Exprésome os xoves é unha actividade que facemos todas as semanas que trata do seguinte: escoitamos unha peza de música escollida pola mestra. Tocaremos todos os estílos, dende rock, pasando por clásica ata blues...etc(excepto reggaeton, que xa se ecoita en todos os  currunchos do mundo e creo que a profe non lle gusta nada ;)). Para iso gardamos silencio e pechamos os ollos. Despois na libreta de galego e como mínimo en catro lineas temos que escribir o que sentimos ao escoitala, ou o que nos evocou, se nos recordou a algo ou a alguén... Trátase de expresar emocións, recordos ou que queiramos pero expresalo. Unha vez escrito quen o desexe o pode compartir e...Caramba!, Cada vez se nos animan mais!
  De momento levamos tres: 
                 2.-Banda sonora da Misión 
                  3.-Queen "Under pressure" 
Podes pinchar nos títulos e escoitalas. De momento a cousa estanos a resultar complicada pero gusta.
 A ver que escoitamos o próximo día...

Curtas animadas

A semana pasada, vimos unha curta que nos gustou moito. Titúlase French Roast e foi nominado os Oscar no ano 2010. A verdade e que deu para pensar.
Aquí o deixamos. Agardo que vos guste.

                                                 

viernes, 29 de septiembre de 2017

BENVIDOS AO TOURAL!

Un ano mais aquí estamos comezando un novo curso no C.P.I. do Toural en Vilaboa. Este ano somos un grupo de 22 alumn@s  4º de primaria e empezamos o curso con moitas ideas e  ilusións. Estes da foto somos nos. Mirade que guapiños ! 

Para darlle a benvida a este novo curso 2017-2018 viñeron da escola de música do concello a facernos un concerto e de paso inauguramos o mosaico da entrada. No concerto tocaban alumnos do cole entre eles o noso compañeiro Brais que sorprendeunos tocando estupéndamente a trompeta!. Outro día tamén viñeron a bailar outros compañeir@s que fan baile tradicional, entre eles estaba a nosa Lucía que lle deu a punta e o tacón con moita gracia! Aquí tedes unha fotos deste actos de comenzo do curso.

viernes, 27 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano nas letras galegas homenaxéase a Manuel María e no noso cole adicamos o poeta do mes, obviamente a este autor.Pincha na foto eatoparás unha chea de recursos.

Ademais, dende o equipo de normalización lingüística do cole se fixo, coa  colaboración de todo o alumnado do centro,profesorado e persoal que traballa no cole, un vidio musical coa canción do Brinca Vai de Paco Nogueira "Meu o mundo é". Cada grupo gravou un anaco da canción e xuntándoos  o resultado foi este. Feliz día das letras galegas!

CORRELINGUA 2016

Cantas cousas temos  atrasadas!! O 2 de maio fomos o correlingua Pontevedra. Case 2000 alumnos dos centros dePontevedra e concellos cercanos como Vilaboa e Marín fomos a camiñar en prol da nosa lingua. Ali ademais de facer o recorrido polo casco vello, estivemos no concerto do grupo de rock "Livia de Marrao", leuse o manifesto,  uns libros para o cole e soltamos globos.  Unha mañá na que defendemos a importancia de falar e coidar o noso idioma.

  
Pincha no enlace o vidio que fixo o Faro de Vigo sobre o correlingua

http://www.farodevigo.es/multimedia/videos/galicia/2016-05-02-101200-correlingua-2016-pontevedra.html


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...