Mostrando entradas con la etiqueta Educación emocional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación emocional. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de noviembre de 2017

EXPRÉSOME OS XOVES!

Aquí seguimos escoitando novas cancións e expresando as emocións que nos suxire...As últimas semanas escoitamos un pouco de blues, música clásica e Rock and Roll. Aquí deixo as pezas escoitadas por se queredes botarlle unha orella na casa.


Desta última de AC/DC, vimos unha versión con violonchelos que é moi interesante e que gustou. Aí a tedes!

martes, 24 de octubre de 2017

EXPRÉSOME OS XOVES!

Exprésome os xoves é unha actividade que facemos todas as semanas que trata do seguinte: escoitamos unha peza de música escollida pola mestra. Tocaremos todos os estílos, dende rock, pasando por clásica ata blues...etc(excepto reggaeton, que xa se ecoita en todos os  currunchos do mundo e creo que a profe non lle gusta nada ;)). Para iso gardamos silencio e pechamos os ollos. Despois na libreta de galego e como mínimo en catro lineas temos que escribir o que sentimos ao escoitala, ou o que nos evocou, se nos recordou a algo ou a alguén... Trátase de expresar emocións, recordos ou que queiramos pero expresalo. Unha vez escrito quen o desexe o pode compartir e...Caramba!, Cada vez se nos animan mais!
  De momento levamos tres: 
                 2.-Banda sonora da Misión 
                  3.-Queen "Under pressure" 
Podes pinchar nos títulos e escoitalas. De momento a cousa estanos a resultar complicada pero gusta.
 A ver que escoitamos o próximo día...

lunes, 23 de febrero de 2015

EDUCACIÓN EMOCIONAL

Sempre é unha tarefa pendente o traballar na escola as emocións, e é tan fundamental na vida coma o resto das aprendizaxes .Nesta publicación queremos tratar cun feixe de recursos para traballar na aula as emocións, a autoestima, a coeducación, etc...Interntar dar resposta e poñerlle nome a chea de sentimentos que experimentan os nenos/as,  para convertirnos en individuos equilibrados e intelixentes emocionalmente.
 Proxecto es de Educación en Valores, creado por Martín Pinos Quílez

 Educación emocional

O seguinte libro está elaborado pola conselleria do Principado de Asturias. É un caderno para traballar na aula ou na casa, coas familias. Moi interesante.

 acTIVIDADES EMOCIONALES

Libro de contos editado por CEAPA  e creados por Clara Redondo  e Chema Gómez de Lora

 CONTOS

Blogue de Symbaloo con múltiples recursos tanto online como en pdf sobre habilidades sociais



Moitos destes recurso foron atopados no elblogdehiara.org
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...