miércoles, 27 de junio de 2018

Excursión de fin de curso 3º-4º E.P.

  O prometido é débeda...aí estan unhas poucas fotos da excursión que fixemos ao Ecoparque de Cotobade. Que ben o pasamos! Felices vacacións!

lunes, 25 de junio de 2018

FELICES VACACIÓNS!

Simplemente quero desexarvos a tod@s moi moi felices vacacións! Que gocedes moito do verán e veñades o curso que ven coas pilas ben cargadas! . Espero en breve subir fotos da excursión de fin de curso...mentres tanto a nosa última foto despois do salto de XANELA! ;P


 APERTAS GRANDES A TODOS E TODAS!

martes, 12 de junio de 2018

Son experto en...

Xa imos rematando e aquí deixamos derradeiros expertos. Iván falounos do Titanic, moitas curiosidades do barco e de por que afundiu. É un tema que lle apasiona e que todos esperaban de Iván. Estivo moi ben Iván!

















E por último, e non foi sen tempo...Mourad que nos fixo esperar polo seu traballo. Mourad é experto no monopatín, díxonos quen o inventou, falo das súas partes e contounos canto tempo lle dedica a esta aficción. Vale Mourad, chegaches a tempo!



Son experto en...



Fai semanas expuxo Alberto e se me colou  poñelo na páxina. Falounos do sistema solar e os planetas e coa axuda das súa famia  construiu un sistema solar en movemento. Gustounos moito e quedou moi moi curioso o traballo,  noraboa!







Tamén tivemos a Claudia falándonos de estrelas. Do sol, das constelacións e estrelas fugaces...cunha selección de fotos moi bonitas. Moi chulo Claudia!






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...