Alucinade co talento que hai no pais, ni voz kids nin ocho cuartos. Estes rapaces paga pena escoitalos. Disfrutao!
viernes, 28 de marzo de 2014
viernes, 21 de marzo de 2014
O cine e a educación en valores
Recopilo catro cortametraxes pensados non sólo para traballar na clase, sinon tamén na casa para educar en valores ó alumnado e que reflexione sobre a amiszade, a solidariedade, e o traballo en equipo
"A viaxe de Said" :Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta cortametraxe musical de animación feita con plastilina. Nel plantexase o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidaridade
"Cuerdas": O guionista y director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que foi recoñecida recentemente co Premio Goya 2014 a mellor Cortametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, aa inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.
"El hombre orquesta": A factoría de animación Pixar é a autora desta cortametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle a importancia de traballar en grupo. Asimesmo, reflexa que as rivalidades non sempre son boas, en especial cando son levadas ó extremo e isto implica magoar ó resto de compañeiros.
lunes, 17 de marzo de 2014
CAL É O TEU ESTILO?
Os rapaces/as de 5º e 6º de primaria imos facer un traballo de investigación.Vamos a elexir o estilo musical que mais nos guste e o noso grupo favorito. Xa veredes canta variedade e que ben soa. Aprenderemos e descubriremos novas músicas. Clica na foto,lee ven todo o que tes que facer e ponte mans a obra! Nunha semana comenzamos a expoñer os vosos traballos.
domingo, 16 de marzo de 2014
CURIOSIDADES MUSICAIS
Presentovos unha curiosidade: para que vexades o que se pode facer cos chelos. Esta ben ver cousas diferentes e estilos variados. A posta en escena tamén é interesante, así que a disfrutar con Thunderstruck . Isto é talento!
viernes, 7 de marzo de 2014
IGUALDADE: UTOPÍA ?
Según un estudio que se acaba de publicar, en europa unha de cada cinco mulleres foi maltratada, vexada ou sufriu algún tipo de violencia machista. 1 de cada 5 !!! É todavía pensamos que isto non urxe traballalo na escola?
Como cada 8 de marzo, propoñovos actividades e recursos para seguir traballando a coeducación , a igualdade de xénero e a non violencia machista. Non é un traballo relegado a estas datas senon que debe estar presente en toda a nosa actividade docente, pero hoxe, especialmente facemos fincapé nesta realidade a acadar: A IGUALDADE!
Ahí vai outra páxina interesante
No cole fixemos unhas camisetas despois de ter unha charla sobre igualdade, mirade que chulas quedaron e que eslogan mais xeitoso
martes, 4 de marzo de 2014
Bolero de Ravel, animación
Ahí vai un pequeno agasallo: o Bolero de Ravel animado. Está moi simpático e é un traballo moi interesante. Espero que vos guste!
E xa que estamos hoxe de agasallos animados, ahí vai outro ben bonito e doce.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)