Ben está que apreciemos a boa animación que se fai en galicia e en galego. Disfrutade dunha curtametraxe que ven a conto nestes días posteriores á celebración das letras galegas. Titúlase "Os difuntos falaban Castelao" Espero que vos guste !
jueves, 2 de junio de 2011
jueves, 26 de mayo de 2011
LETRAS GALEGAS 2011
Como xa sabedes este ano o día das letras galegas conmemora o poeta Lois Pereiro. No seguinte enlace atopado no Recanto de Mik, atoparemos moitos recursos e actividades para aprender e festexar este día tan sinalado para nos.
Ahí tedes unha escola de fotos do festival das letras galegas do cole. Fixádevos que guap@s e canto talento!
Ahí tedes unha escola de fotos do festival das letras galegas do cole. Fixádevos que guap@s e canto talento!domingo, 10 de abril de 2011
O MES DOS LIBROS
Estamos en abril e coa primavera chegan datas importantes como o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil; e o 23 de abril, Día Mundial do Libro, así que coa axuda de blogs como "O Recanto de Mik", mergullarémonos nos contos e libros a través dun feixe de actividades e lecturas para traballar datas tan sinaladas coma estas.


Tamén dispoñemos dun feixe de poemas, vidios e recursos poéticos ben interesantes que podes utilizar pinchando AQUÍ
domingo, 27 de febrero de 2011
ENTROIDO
Xa chega o entroido!. Estamos preparandonos para recibir as ordenes do meco, para o xoves fareleiro e para a cabalgarta de entroido do venres. Mentres tanto imos mergullándonos no tema grazas a todos este recursos que temos grazas o "Recanto de Mik".
Igual xa eres expert@ en entroidos pero aínda podes aprender máis con estas actividades que atopamos " Na casa de tolos"
Aquí tes mais cousiñas para traballar nesta época tan divertida e festiva do ano. A gozalo!
"Mamá eu quero, mamá eu quero
mamá eu quero o entroido.
quero filloas, e quero grelos,
e difrazarme na rúa e no colexio"
martes, 22 de febrero de 2011
DÍA 8 DE MARZO: IGUALDADE
Vai achegándose o día da muller traballadora, así que aproveitamos para traballar a coeducación e a igualdade de xénero. AQUÍ podemos atopar unha chea de actividades e recursos para esta semana ou mais ben para todo o ano.
Este vidio titúlase Sueño imposible? A tí que che parece
Este outro é unha curtametraxe titulada Vestido nuevo, seguimos mergullándonos no tema da homosexualidade
Outra páxina con recursos, xogos, contos e actividades para traballar a igualdade de xénero
E por último un vidio moi curioso SORKUNDE, espero que vos guste.
miércoles, 2 de febrero de 2011
CINE GALEGO
Aproveito para recoller unhas curtametraxes exemplo do bo cine galego. A primeira titúlase Escola das Áreas , paga a pena a historia, a forma e o fondo. Disfrutadea!
Esta outra é moi interesante para traballares problemas como a homofobia. Educación en valores nunha curta ben ben bonita titulada VELLAS.
Por último e non por iso peor unha curta dun texto de Saramago, onde fala da importancia dos contos infantís e do que aprenderíamos os adultos da súa lectura. Títúlase "A MAIOR FLOR DO MUNDO"
lunes, 24 de enero de 2011
Contos e recursos para a paz
Achegándonos xa o día da paz! Aquí deixo un delicioso contiño para traballar cos mais pequenos os valores como a solidariedade, amizade, o amor...
'> Para aprender dun xeito divertido moitas cousas sobre a PAZ, aquí tendes algunhas actividades interactivas.
Mais cousiñas e mais recursos para traballar nestas datas atoparalas neste enlace do "Recanto de Mik"
E como non unha cantiga ben chula para aprenderes a cantarlle a Paz.Que a gocedes!
'> Para aprender dun xeito divertido moitas cousas sobre a PAZ, aquí tendes algunhas actividades interactivas.
Mais cousiñas e mais recursos para traballar nestas datas atoparalas neste enlace do "Recanto de Mik"
E como non unha cantiga ben chula para aprenderes a cantarlle a Paz.Que a gocedes!
jueves, 2 de diciembre de 2010
XA CHEGA O NADAL!
Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.
Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. Tamén deixa agasallos agachados pola casa para que os nenos e as nenas os busquen o se ergueren. Se queres saber mais sobre o apalpador, lee o conto pinchando no libro...
Aquí tamén podedes atopar moitas obras de teatro para traballar no Nadal e noutras festas do cole.
sábado, 23 de octubre de 2010
SAMAIN
O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no día de Todos os Santos. Esta festa levaba moitas décadas esquecida, pero que nos últimos anos se está volvendo a recuperar grazas o traballo das escolas e algúns concellos galegos.A noite do 31 de outubro comenza o aninovo celta, remata o verán e comenza o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. Para saber maisAquí tes unha morea de debuxos terroríficos para pintar e decorar. So tes que pinchar aquí
Veña unhas poucas cancións de Samain!
Recopilación de recursos para o Samaín, do Ceip Victor Sáenz. Moi interesante!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


