jueves, 2 de junio de 2011

UNHA DE CINE GALEGO

Ben está que apreciemos a boa animación que se fai en galicia e en galego. Disfrutade dunha curtametraxe que ven a conto nestes días posteriores á celebración das letras galegas. Titúlase "Os difuntos falaban Castelao" Espero que vos guste !


jueves, 26 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

Como xa sabedes este ano o día das letras galegas conmemora o poeta Lois Pereiro. No seguinte enlace atopado no Recanto de Mik, atoparemos moitos recursos e actividades para aprender e festexar este día tan sinalado para nos.
Ahí tedes unha escola de fotos do festival das letras galegas do cole. Fixádevos que guap@s e canto talento!





Tamén temos unha webquest feita pola profe Ana Mariño para traballar no día das letras galegas sobre Rosalía de Castro.Sabes por que se celebra o 17 de Maio? Pois entérate investigando na vida e obra desta gran poetisa que fixo tanto por defender a nosa lingua




domingo, 10 de abril de 2011

O MES DOS LIBROS

Estamos en abril e coa primavera chegan datas importantes como o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil; e o 23 de abril, Día Mundial do Libro, así que coa axuda de blogs como "O Recanto de Mik", mergullarémonos nos contos e libros a través dun feixe de actividades e lecturas para traballar datas tan sinaladas coma estas.

Tamén dispoñemos dun feixe de poemas, vidios e recursos poéticos ben interesantes que podes utilizar pinchando AQUÍ

domingo, 27 de febrero de 2011

ENTROIDO

Xa chega o entroido!. Estamos preparandonos para recibir as ordenes do meco, para o xoves fareleiro e para a cabalgarta de entroido do venres. Mentres tanto imos mergullándonos no tema grazas a todos este recursos que temos grazas o "Recanto de Mik".
Igual xa eres expert@ en entroidos pero aínda podes aprender máis con estas actividades que atopamos " Na casa de tolos"


Aquí tes mais cousiñas para traballar nesta época tan divertida e festiva do ano. A gozalo!


"Mamá eu quero, mamá eu quero


mamá eu quero o entroido.


quero filloas, e quero grelos,


e difrazarme na rúa e no colexio"




martes, 22 de febrero de 2011

DÍA 8 DE MARZO: IGUALDADE

Vai achegándose o día da muller traballadora, así que aproveitamos para traballar a coeducación e a igualdade de xénero. AQUÍ podemos atopar unha chea de actividades e recursos para esta semana ou mais ben para todo o ano.
Este vidio titúlase Sueño imposible? A tí que che parece
Este outro é unha curtametraxe titulada Vestido nuevo, seguimos mergullándonos no tema da homosexualidade
Outra páxina con recursos, xogos, contos e actividades para traballar a igualdade de xénero
E por último un vidio moi curioso SORKUNDE, espero que vos guste.

miércoles, 2 de febrero de 2011

CINE GALEGO

Aproveito para recoller unhas curtametraxes exemplo do bo cine galego. A primeira titúlase Escola das Áreas , paga a pena a historia, a forma e o fondo. Disfrutadea!

Esta outra é moi interesante para traballares problemas como a homofobia. Educación en valores nunha curta ben ben bonita titulada VELLAS.


Por último e non por iso peor unha curta dun texto de Saramago, onde fala da importancia dos contos infantís e do que aprenderíamos os adultos da súa lectura. Títúlase "A MAIOR FLOR DO MUNDO"

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...