Hoxe celebramos o día da poesía e na clase de música imos aproveitar para ler, cantar e musicar versos...E buscando e buscando para traballar esta xornada atopei esta actividade tan chula no blog de "Mi música en el cole" onde se conta e cantan poemas de Gloria Fuertes. Imos aló!
miércoles, 21 de marzo de 2012
domingo, 18 de marzo de 2012
EXCURSIÓN E TEATRO
Fai uns días fomos de excursión a Vigo. Os rapaces e rapazas de 1º e 2º de primaria saimos ben de mañá e primeiro fomos a Castrelos a visitar os xardíns do pazo e a merendar no parque. Logo fomos ver "A pantasma do palco" unha obra de teatro e música. E o rematar, de volta para Coiro! Ahí tedes as imaxes
domingo, 11 de marzo de 2012
A BAILAR!!!
Os nenos e nenas de 3 anos A e B cantaron e bailaron a canción de Mamá Cabra "Eu son un artista" e para que vexades o artistas que son aquí deixo este vidio.Que vos guste!
domingo, 4 de marzo de 2012
MULLERES, HISTORIA,IGUALDADE!
En nada xa estamos no 8 de marzo o día no que celebramos a igualdade de xénero. Para ir traballando este tema imos ver un contiño moi interesante titulado " El príncipe ceniciento" a ver que vos parece...
lunes, 13 de febrero de 2012
TRABALLO PARA 6º
A música e a publicidade...Ahí vai o traballo de investigación para 6º. Toda a información está nas asignacións do edmodo e na foto seguinte.
RECORDADE! A data de entrega é para o 26 de febreiro, despois do entroido. Moitos ánimos e a investigar!
viernes, 10 de febrero de 2012
ENTROIDO 2012
Ben, xa se vai achegando o entroido e moitos xa estamos argallando nos disfraces, as coplas e na festa que vamos a montar no cole ese día...Para axudar e dar ideas colgo nesta páxina uns cantos recursos, máscaras, debuxos, actividades, lim... recollidos estupendamente por "casa de tol@s". Pinchade na foto!
Mais cousiñas en breve...
Aquí deixo algunhas das fotos que fixemos neste entroido Farroupeiro de Cangas. Moito chorona había! Pinchade AQUÍ
Aquí deixo algunhas das fotos que fixemos neste entroido Farroupeiro de Cangas. Moito chorona había! Pinchade AQUÍ
martes, 7 de febrero de 2012
LIPDUB DO DÍA DA PAZ
Ó fin xa temos o vidio!!!! Despois de ensaios, de aprender a canción, de facer pombas e flores, despois de todo o traballo do cole, aquí temos rematado o lipdub que fixemos para o día da paz! Grazas a tod@s polo voso esforzo! Que vos guste!
Tamén está o "making of" , como se fixo este traballo tan colaborativo e divertido. Moitas grazas de novo a tod@s pola vosa axuda e participación. Ahí vai...
domingo, 29 de enero de 2012
MÚSICA ALEATORIA
Os rapaces e rapazas de 5º comenzamos un traballo de investigación que levarán a cabo a través do programa abalar. O que teñen que facer é buscar información sobre que é a música aleatoria: definición, características, información variada,autores destacados, que,como, cando... Logo terán que seleccionar un par de pezas a través de youtube dándolle a compartir e copiando o suliñado na foto, así crearemos un enlace directo a peza seleccionada. Tamén farán unha captura de pantalla como a feita aquí mesmo. A través do edmodo mandaredes os vosos traballos, co nome e curso. A lonxitude máxima son dous folios.
miércoles, 18 de enero de 2012
PREPARÁNDOSE PARA O DÍA DA PAZ
Ben, se achega o día da paz e xa estamos todos empezando a preparar o noso proxecto especial...De momento hai que ir aprendendo a canción e preparando o que nos toca facer...
Para mais recursos e actividades para traballar o día da paz pinchade AQUÍ
Este Lim tan bonito está recollido do blog "Casa de tolos", e ademais de contarnos unha fermosisima historia, tamén achega actividades para traballar e coñecer a vida de Wangari.
Nota: Por certo os rapaces de 6º do cole Castrillón de Coiro, teñen este blog tan currado, sí señor! Entrade nesta Odisea
Este Lim tan bonito está recollido do blog "Casa de tolos", e ademais de contarnos unha fermosisima historia, tamén achega actividades para traballar e coñecer a vida de Wangari.
Nota: Por certo os rapaces de 6º do cole Castrillón de Coiro, teñen este blog tan currado, sí señor! Entrade nesta Odisea
martes, 10 de enero de 2012
A MÚSICA EMOCIONA!
Este que achego é un exemplo de como nos segue a sorprender e marabillar a música. Nunha estación de metro de Copenhague fórmase por arte de maxia un concerto. Ahí vai este regaliño de Reis!
miércoles, 21 de diciembre de 2011
miércoles, 14 de diciembre de 2011
O APALPADOR E O NADAL
Ben, xa está ahí o nadal, e con el chegan as nosas ilusións polos agasallos de Reis ou do Apalpador, as ceas coa familia e o tempo de vacacións.
Ahí vos deixo unha nana do Apalpador, espero que vos guste!
Nana do Apalpador
xaime da guarda
Dorme meu neno, dorme carabeliño
que sae o Apalpador, do seu acochiño
e baixa dos montes, cheiño de frio
e quere atoparte, no leito dormido.
Dorme meu anxo, que o Apalpador
quentará ben a lareira
co seu mouro carbon
dorme dozura, que e carboeiro
e quenta as mantiñas
e amornache o leito..
Dorme que ben, a apalparche
e aloumiñarche a barriguiña
e a deixarche para o almorzo
castañas ben quentiñas...
Dorme que fora, caen folerpas frias
e o Apalpador fai o seu traballo
para encher as barriguiñas
dos meniños rebuldeiros
e das fermosas neniñas
dorme..doe meu ben
dorme miña rosiña...
sábado, 19 de noviembre de 2011
SONS DE TREBOADA
Ben interesante é esta actividade titula "Los sonidos de la tormenta", onde se trata de escoitar e identificar sonidos cotiás, así como un exercicio rítmico e de relación con distintos instrumentos de percusión que utilizamos na escola. Saqueino do blog Mi música en la ecuela e axo que vai ser traballado polos meus rapaces...apostamos!
jueves, 10 de noviembre de 2011
MAGOSTO 2011
Hoxe celebramos o Magosto no CRA de Vilaboa. Estas son algunhas fotos de Pousadas onde coa profe Begoña, Bea e coa axuda dos pais e nais, comemos castañas, churrasco e chourizo! Tamén xogamos as carreiras de culleres, a corda, a goma, o aro, a buxaina...e ata comimos animais de chocalate! Isto si que é un bo Magosto!
martes, 1 de noviembre de 2011
A PITA PODEIRA
Os rapaces e rapazas de 4º de Chancelas fixeron unha actividade , na que ademais de aprender unha canción "A pita podeira" fan un xogo rítmico e de movemento. O podedes ver neste vidio que grabamos. Mirade que ben o fan! Un saúdo para todos eles!
jueves, 20 de octubre de 2011
CHEGA O SAMAÍN
Xa sabedes que se achega o Samaín e para ir mergullándonos no mundo dos misterios deixo aquí unha canción sobre unha meiga algo tola. A ver si vos gusta!
Ah!, esquecíame dun blues moi especial que canta o mestre Pescetti, no que conta unha historia moi orixinal e divertida sobre vampiros e noites escuras...titúlase BUAJAJAJA!
viernes, 14 de octubre de 2011
APRENDE COA PAPAGENA
Agora vamos a traballar co 2º e 3º ciclo un pouco de linguaxe musical. Este xogo vainos axudar a aprender e repasar cousiñas de figuración, silencios, signos de repetición...atopeino no blog que descubrín últimamente "Mi música en el cole". Aproveitao e goza!
lunes, 10 de octubre de 2011
ACTIVIDADE INTERACTIVA
Interesantísima esta actividade sobre os distintos estilos musicais e as súas décadas. é unha actividade realizada por Marina CTristán para o seu blog "Mi música en el cole". Imos aproveitar para mergullarnos no rock, o pop, o heavy metal e tódos os estilos dende os anos 50 ata a actualidade.Atende e escoita que comenzamos!
domingo, 9 de octubre de 2011
MÚSICA PARA PEQUES!
Chegou a hora dos pequeniños! Vamos aprender a canción do pirata Juanito e con ela tamén descubriremos a súa historia gracias ó blog "Mi música en el cole"
Esta actividade recollida da "casa de tolos" tamén moi interesante para traballar cos de infantil...fuchica e xoga!
E despois desto, podemos ver e gozar de dous vidios relacionados coa música. Pincha nos títulos!
domingo, 2 de octubre de 2011
INVESTIGANDO
Estas semanas imos descubrir novos sons e novas culturas musicais, así que comenzamos cun traballo de investigación ben sinxelo: sabedes que é unha TXALAPARTA? Non? Pois veña aquí empeza a vosa pesquisa.
Mentres tanto para ir abrindo boca, ahí vos deixo un entrante que quizais de pistas...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












