martes, 1 de mayo de 2012

Premio entre bloggers, que guay!

  Hoxe recibín un regalo que me fixo moita ilusión e me emocionou ainda mais, sobre todo porque sei co agarimo con que o mandan. Moitísimas grazas Aniña por animarme sempre e valorarme!


   Explicoo...pois resulta que os bloggeiros elixen 5 dos seus blogs favoritos e mándalles un premio, así que se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea. As intruccións son as seguintes:
  • Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho otorgou.
  • Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
  • Confiar en que continúen a cadea premiando a sua vez os seus cinco blogs preferidos.                  
   Ahí van os meus elexidos:                                
  • Anaquiños e xoaniñas : da miña querida amiga "mestraprimaria" ou Aniña, da que sempre aprendo tanto
  •  O recanto de Mik:  do que recollo tantos e tantos recursos. Marabilloso blog de biblioteca, e mais...
  • As cousas da clase : blog de aula da miña compañeira Geni, que fai un traballo bloggeiro e pedagóxico impresionante
  • Mi música en el cole:  a quen sigo con grande admiración
  • Ceip Vicente Risco:  non me podo esquecer de Duli, a profe de música dese cole, que me ensinou a facer blogs e moitas cousas mais.
Quedan moitos os que me gustaría agradecer a vosa dedicación, xenerosidade e a pedagoxía que facedes. Espero poder seguir dando mais premios...Grazas a todos!

miércoles, 25 de abril de 2012

Revolución dos caraveis

Hoxe 25 de abril celébrase o aniversario da revolución dos caraveis en Portugal. Foi un momento histórico na que cun xesto tan fermoso como pacífico o exercito decidiu poñerse de parte do pobo poñendo un caravel nos seus rifles, escopetas e tanques. Daba fin neste día a unha durísima, sanguinaria e inxusta dictadura.
   Tomouse como himno deste acontecemento esta canción de José Afonso, un cantautor importantísimo portugués. Titúlase "Grândola, Vila Morena".
Esta , coma outras, son desas cancións que pasaron a historia e que resumen o que somos

lunes, 23 de abril de 2012

APAGA A TELE E PRENDE UN LIBRO

Hoxe, 23 de abril celebramos o día do libro. Esta é unha das publicidades que facían no programa infantil dos 80 "La bola de cristal", en referencia a lectura...bo non?


Tamén queda nesta entrada un conto e unha actividade lim para celebrar este día que tanto nos gusta a todos(recollido na casa de tol@s). Bo día dos que leen! Pinchade  AQUI

 E ahí vai outro contiño de regalo

  


Moi interesante este enlace onde podedes escoitar, ler, descargar e facer un montón de actividades en compañía de Don Quixote e todos os personaxes deste gran libro 




Nota: Esta canción é para os de 6º para que se vaian inspirando nesa coreografía...ánimo!


sábado, 7 de abril de 2012

MÚSICA MEDIEVAL


   En relación ó que os alumnos/as de 5º están a estudiar en Coñecemento do medio, imos a mergullarnos na Edade Media e en particular na música nese período da historia; a música medieval.
   Nesta primeira actividade, relizada polo blog de música "baquetas alocadas", hai unha serie de audicións tanto de música relixiosa como profana que poderemos escoitar para ir entrando en materia...

   Nesta outra páxina coñeceremos a historioa da música nesta época, instrumentos que se tocaban, características da música relixiosa, da música profana as primeiras polifonías, as cantigas e todo o que nos interese saber sobre a música no medievo


  Tamén está moi ben resumido neste traballo, a diferenza entre xuglares e trovadores, así como as cantigas de amigo e de Santa María, moi relacionadas coa nosa terra, e os intrumentos utilizados...

       Mais cousiñas en breve...

miércoles, 21 de marzo de 2012

DEBULLANDO POEMAS

Hoxe celebramos o día da poesía e na clase de música imos aproveitar para ler, cantar e musicar versos...E buscando e buscando para traballar esta xornada atopei esta actividade tan chula no blog de "Mi música en el cole" onde se conta e cantan poemas de Gloria Fuertes. Imos aló!

domingo, 18 de marzo de 2012

EXCURSIÓN E TEATRO

Fai uns días fomos de excursión a Vigo. Os rapaces e rapazas de 1º e 2º de primaria saimos ben de mañá e primeiro fomos a Castrelos a visitar os xardíns do pazo e a merendar no parque. Logo fomos ver "A pantasma do palco" unha obra de teatro e música. E o rematar, de volta para Coiro! Ahí tedes as imaxes

domingo, 11 de marzo de 2012

A BAILAR!!!

Os nenos e nenas de 3 anos A e B cantaron e bailaron a canción de Mamá Cabra "Eu son un artista" e para que vexades o artistas que son aquí deixo este vidio.Que vos guste!



domingo, 4 de marzo de 2012

MULLERES, HISTORIA,IGUALDADE!

En nada xa estamos no 8 de marzo o día no que celebramos a igualdade de xénero. Para ir traballando este tema imos ver un contiño moi interesante titulado " El príncipe ceniciento" a ver que vos parece...


Tamén podedes visitar esta webquest que trata sobre mulleres galegas escritoras, científicas,  matemáticas, empresaria, leiteiras...unha escolma de mulleres que fixeron camiño nesta loita constante cara a igualdade.

lunes, 13 de febrero de 2012

TRABALLO PARA 6º

    A música e a publicidade...Ahí vai o traballo de investigación para 6º. Toda a información está nas asignacións do edmodo e na foto seguinte.
    RECORDADE! A data de entrega é para o 26 de febreiro, despois do entroido. Moitos ánimos e a investigar!

  

viernes, 10 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

Ben, xa se vai achegando o entroido e moitos xa estamos argallando nos disfraces, as coplas e na festa que vamos a montar no cole ese día...Para axudar e dar ideas colgo nesta páxina uns cantos recursos, máscaras, debuxos, actividades, lim... recollidos estupendamente por "casa de tol@s". Pinchade na foto!

   Mais cousiñas en breve...

Aquí deixo algunhas das fotos que fixemos neste entroido Farroupeiro de  Cangas. Moito chorona había! Pinchade AQUÍ

 

martes, 7 de febrero de 2012

LIPDUB DO DÍA DA PAZ

Ó fin xa temos o vidio!!!! Despois de ensaios, de aprender a canción, de facer pombas e flores, despois de todo o traballo do cole, aquí temos rematado o lipdub que fixemos para o día da paz! Grazas a tod@s polo voso esforzo! Que vos guste!



Tamén está o "making of" , como se fixo este traballo tan colaborativo e divertido. Moitas grazas de novo a tod@s pola vosa axuda e participación. Ahí vai...

domingo, 29 de enero de 2012

MÚSICA ALEATORIA

Os rapaces e rapazas de 5º comenzamos un traballo de investigación que levarán a cabo a través do programa abalar. O que teñen que facer é buscar información sobre que é a música aleatoria: definición, características, información variada,autores destacados, que,como, cando... Logo terán que seleccionar un par de pezas a través de youtube dándolle a compartir e copiando o suliñado na foto, así crearemos un enlace directo a peza seleccionada. Tamén farán unha captura de pantalla  como a feita aquí mesmo. A través do edmodo mandaredes os vosos traballos, co nome e curso. A lonxitude máxima son dous folios.


miércoles, 18 de enero de 2012

PREPARÁNDOSE PARA O DÍA DA PAZ

 Ben, se achega o día da paz e xa estamos todos empezando a preparar o noso proxecto especial...De momento hai que ir aprendendo a canción  e preparando o que nos toca facer...



Para mais recursos e actividades para traballar o día da paz pinchade AQUÍ 

Este Lim tan bonito está recollido do blog "Casa de tolos", e ademais de contarnos unha fermosisima historia, tamén achega actividades para traballar e coñecer a vida de Wangari.










  Nota: Por certo os rapaces de 6º do cole Castrillón de Coiro, teñen este blog tan currado, sí señor! Entrade nesta Odisea

martes, 10 de enero de 2012

A MÚSICA EMOCIONA!

Este que achego é un exemplo de como nos segue a sorprender e marabillar a música. Nunha estación de metro de Copenhague fórmase por arte de maxia un concerto. Ahí vai este regaliño de Reis!

miércoles, 21 de diciembre de 2011

BO NADAL!





BOAS FESTAS A TODAS E A TODOS E QUE TEÑADES UN ANO CHEO DE COUSAS BOAS!!!!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

O APALPADOR E O NADAL

   Ben, xa está ahí o nadal, e con el chegan as nosas ilusións polos agasallos de Reis ou do Apalpador, as ceas coa familia e o tempo de vacacións.

   No dibuxo do Apalpador iremos a unha páxina con moitas actividades ,xogos, contos e vidios que nos recordan a figura dese home tan simpático que polo nadal baixa as nosas casas a apalpar as barriguiñas e a deixarnos castañas e algún agasallo. Que bo é isto de ter un"Papa Noel galego",que sorte temos!

    Ahí vos deixo unha nana do Apalpador, espero que vos guste!

Nana do Apalpador
xaime da guarda

Dorme meu neno, dorme carabeliño
que sae o Apalpador, do seu acochiño
e baixa dos montes, cheiño de frio
e quere atoparte, no leito dormido.
 
Dorme meu anxo, que o Apalpador
quentará ben a lareira
co seu mouro carbon
dorme dozura, que e carboeiro
e quenta as mantiñas
e amornache o leito..
 
Dorme que ben, a apalparche
e aloumiñarche a barriguiña
e a deixarche para o almorzo
castañas ben quentiñas...
 
Dorme que fora, caen folerpas frias
e o Apalpador fai o seu traballo
para encher as barriguiñas
dos meniños rebuldeiros
e das fermosas neniñas
dorme..doe meu ben
dorme miña rosiña...

(páxiña con actividades recollida do blog de Ana Mariño "Anaquiños e xoaniñas" ;)

Tamén podedes visitar a páxina de recursos de Nadal  da coordinadora de Normalización lingüística.

sábado, 19 de noviembre de 2011

SONS DE TREBOADA

Ben interesante é esta actividade titula "Los sonidos de la tormenta", onde se trata de escoitar e identificar sonidos cotiás, así como un exercicio rítmico e de relación con distintos instrumentos de percusión que utilizamos na escola. Saqueino do blog Mi música en la ecuela e axo que vai ser traballado polos meus rapaces...apostamos!


jueves, 10 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011

Hoxe celebramos o Magosto no CRA de Vilaboa. Estas son algunhas fotos de Pousadas onde coa profe Begoña, Bea e coa axuda dos pais e nais, comemos castañas, churrasco e chourizo! Tamén xogamos as carreiras de culleres, a corda, a goma, o aro, a buxaina...e ata comimos animais de chocalate! Isto si que é un bo Magosto!

martes, 1 de noviembre de 2011

A PITA PODEIRA

  Os rapaces e rapazas de 4º de Chancelas fixeron unha actividade , na que ademais de aprender unha canción "A pita podeira" fan un xogo rítmico e de movemento. O podedes ver neste vidio que grabamos. Mirade que ben o fan! Un saúdo para todos eles!



Ademais deste vidio tamén imos xogar cos pequeniños de infantil nun bosque moi divertido que atopei no blog de MarinaCTristán,  porque hai moitas actividades para xogar e traballar con números, letras ou coa música...Entra e divírtete!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...