domingo, 20 de octubre de 2013

A VOLTAS CO SAMAIN!

 Ola a tod@s!
    Un ano maís aquí estamos outra vez, xa ven entrado o curso, preparando cousiñas para os peques. Este ano dende a costa da morte, en Camariñas, onde o vento e o mar fan pulsos e a gheada e o seseo dan música á fala.
    Despois da vendimia e coas primeiras castañas, xa sabemos que se achega o Samaín, tempo dos defuntos, caveiras e cabazas, tempo de bruxas, curuxas e pantasma....Tempo de medo pasar!
   O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Esta tradición de orixe europea foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun carnaval outonal.
Sabías que fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á moda do Halloween? (Vieiros na escola)
   Se pinchas no debuxo atoparas un feixe de recursos, contos, videos, etc...que atopei  no blog  "O recanto de mik"
Tamén atopei no blog "Mi música en el cole" , un documento wix onde están recopilados contos, danzas, manualidades e actividades en referencia ó "Halloween", porque é dun blog de Murcia e por alí non teñen tradición propia. Pinchade e a pasadeo de Medooo!!


miércoles, 19 de junio de 2013

RAP DO VERÁN

"Os nenos de primeiro,
cantamos este ano 
 un rap moi xeitosiño
        con ritmo e con engado"

Así comenza o rap que estamos a preparar para o fin de curso. Nel facemos un repaso da chea de cousas que fixemos durante o curso, e o fan con moito ritmo e moitas ganas! Para mostra un ensaio na clase de música, están sen vestido rapeiro e faltaba algún compañeiro... pero pinta moi ben! Que opinades?

martes, 18 de junio de 2013

O MAR, ONDAS E CARACOLAS

Co gallo dos 10 anos de que ocorreu a terrible catástrofe ecolóxica do Prestige, e tendo en conta que no proxecto tratamos todo e canto ten que ver co mar, fixemos un conto, explicando o acontecido e ilustrado polos nenos e nenas dende infantil ata sexto. Títulase "Historia dun barco vello"


sábado, 8 de junio de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Este ano nas letras galegas homenaxeouse ó autor e actor teatral galego Roberto Vidal Bolaño. O cole vestiuse para tal ocasión case case coma unha escenografía teatral. Fixemos máscaras,  leimos e falamos do autor, vimos magos actuando...e sobre todo, moi presente O TEATRO. Mirade... 

sábado, 9 de marzo de 2013

A FRAGA ANIMADA

Os meus rapaces, de 1º de primaria, do cole Souto-Donas están feitos uns contistas...Inventaron un conto,  logo ilustrarono e por último o plastificaron e encuadernaron.  Así quedou de bonitiño! O título tamén foi idea deles...e que estou orgullosa orgullosa!. Espero que o disfrutedes. 
Parabéns rapaces!



miércoles, 6 de marzo de 2013

Contos para a igualdade

  Xa que se acerca o día 8  de Marzo, día da muller. Quería recopilar aquí uns cantos contiños que teñen que ver coa igualdade e a coeducación. O primeiro é este: unha feliz catástrrofe


 

   O seguinte é "Rosa caramelo", que loita contra os estereotipos femininos, e a educación machista.


   Este esta en Inglés, pero quen non entende as aventuras de Elmer...


Aquí está otro contiño , que nos fala das "supermamás" que temos, e das familias distintas




Outro ven divertido e diferente..."El principe ceniciento"



Outro conto interesante é o seguinte. Elaborado pola nosa orientadora Carmina. Espero que vos gusten!


lunes, 4 de marzo de 2013

Entroido 2013

   Este ano no cole de Donas estamos a traballar un proxecto relacionado co mar. Desta maneira facemos moitas actividades durante o curso relacionadas con este tema, e o entroido non foi menos...O redor dun conto que contaba a historia da catástrofe do Prestige, foron facendo as súas actuacións todos os cursos. Por suposto íamos disfrazados de peixiños, mariscadores, moluscos, etc...Mirade que divertido e bonitiño quedou grazas a profe Olga , que montou este video tan chulo.


martes, 19 de febrero de 2013

"WERTNES" NEGRO

 O Val Miñor esta en loita!. En resposta a constante agresión o sistema educativo público , os institutos e colexios do Val Miñor únense para protestar en contra de todos os recortes e e a chea de leis  que o goberno do PP leva a cabo en deterioro da educación pública galega.
   Unha das medidas son os chamados  "VENRES NEGROS",  onde os docentes e membros da comunidade educativa  fan concentracións de protesta, todos vestidos de negro, nos centros educativos antes de comenzaren a xornada. Eiquí un exemplo do C.E.I.P Souto-Donas.


                                              Aquí un anaco dun telexornal cubrindo a noticia.           
Haberá mais medidas e mais protestas. 
De momento, os venres no Val Miñor están de loito.


viernes, 15 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ´13

Coincidencias da vida... no cole de Souto-Donas decidiron facer un lipdub o día da Paz, pero o curioso é que pensaron na mesma canción que o ano pasado fixemos no cole de Castrillón, en Coiro, Cangas. Como podedes comprobar quedou sinxelo e bonitiño. Parabéns a todos os/as rapaces/zas de Donas polo seu entusiasmo e traballo. Ahí vai!


miércoles, 16 de enero de 2013

HISTORIA DA MÚSICA EN ILUSTRACIÓNS

   Non ten desperdicio! Unha clase de historia da música ilustrada e completa en sete minutos. Xenial!


jueves, 6 de diciembre de 2012

martes, 27 de noviembre de 2012

EXCURSION Ó TEATRO E Ó CASTRO

O venres 23 fomos de excursión a Vigo todo o primeiro ciclo. Primeiro fomos ó teatro a ver os títeres de Tanxarina, que sempre fan con tanto gusto a agarimo. Despois aproveitamos para ir a merendar ó monte do Castro. Despois dun rato xogando, fomos a unha visita guiada do Castro. Vimos como eran as casas castrexas e as romanas. Como vivían, que comían...Foi unha visita intensa pero gustou moito. Aquí tedes unha mostra do noso día!

sábado, 24 de noviembre de 2012

DANZA AFRICANA

   No obradoiro de "danzas do mundo" que estamos a facer no cole, uníusenos unha nai, Mamer, a nai de Xan e Lira. Ela deunos unha clase preciosa de danza africana. Sudamos, bailamos e disfrutamos moito, cos distintos ritmos africanos e os seus movementos.

    Grazas por compartir con nos este día Mamer!! 
Aquí queda unha mostra do obradoiro.


                    danza africana from Maruxeira on Vimeo.

lunes, 17 de septiembre de 2012

PIZZIPEDIA

   Estou segura de que tod@s coñecedes ese programa que hai os sábados as 12 da mañá, na 2 de TVE, que achega os rapaces á música clásica. Efectivamente chámase  PIZZICATO . Nel sempre aparecen un montón de curiosidades musicais, rapaces tocando,etc...Na web deste programa teñen unha "enciclopedia musical" moi interesante á que lle chaman Pizzipedia
     Botade unha ollada, hai cousas ben interesantes...

                                                 PIZZIPEDIA

domingo, 16 de septiembre de 2012

Cancións da terra

Benvidos ó cole!!! Comenza o curso 2012- 2013 con cambios...este ano vou ser titora de primeiro de primaria, así que a miña actividade como profe de música vai quedar estancada polo menos durante un bo anaco. De todos os xeitos seguirei colgando curiosidades e traballos feitos cos rapaces, xa que este blog e algo mais que un blog de música. Mentres, para darvos a benvida e  ir abrindo boca, invítovos a que escoitedes esta cantiga en galego.                  Un saúdo a tod@s!!


martes, 24 de julio de 2012

TROMPAS ALPINAS


Estas vacacións estando eu por Padua, Italia, cadrou que habia un festival folclórico europeo. Dentre moitas cousas curiosas atopei unha que non adoitamos ver or aquí: son as trompas alpinas. Curioso instrumento e sonido. Así que gravei un pequeno vidio para que as podades escoitar. Espero que vos guste!

 
P1040588 from Maruxeira on Vimeo.

viernes, 6 de julio de 2012

EU FALAREI!

Que gusto da atopar traballos así...tan ben feitos e con tanto contido e compromiso! Comparto con vos este Lipdub feito polo alumnado e profesorado do IES de Chapela.Que o disfrutedes!

viernes, 29 de junio de 2012

VACACIÓNS DE VERÁN






A PESARES DOS RECORTES AOS QUE NOS SOMETE A XUNTA AOS INTERINOS E SUBSTITUTOS, FELICES VACACIÓNS A TOD@S!
 VOLTAMOS EN SETEMBRO!
(igual polo medio blogueamos un pouco... ;P)


jueves, 7 de junio de 2012

O CONTO DOS SILENCIOS

  Teño un amigo, que se chama Rodrigo Chao que é ilustrador de contos. É un oficio que a tod@s nos encanta pero supón moitas horas de traballo e pouco recoñecemento(persoal e económico). A verdade é que cando vamos a casa de Rodri e Montse é unha gozada ver os seus debuxos, como traballa co ordenador e todos os libros que leva ilustrado, un artista vamos...
   Este vidio é unha das súas obras, titúlase "O conto dos silencios" e para a nosa clase de música vennos ó pelo. Vamos a poñer música e sons a tres contos distintos, entre eles este.
Agardo que vos guste!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...