O pasado venres 8 de novembro festexamos o Magosto. Sí, ultimamente se nos xuntan as festas, pero a época das castañas xa ven dende fai un tempo...Comemos castañas asadas, tivemos un pequeno concerto que Carla, Valeria e Sara nos deron coa gaita e pandeiretas. Despois fixemos xogos relacionados coas castañas. Música,castañas e xogos, iso sí que é un bo magosto!
lunes, 11 de noviembre de 2013
domingo, 3 de noviembre de 2013
CELEBRANDO O SAMAÍN
O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. Fixemos unha exposición de cabazas arrepiantes e logo houbo premios as catro mais terroríficas: un por ciclo.
Despois disfrazámonos e visitamos a portas das clases porque hai un concurso de portas, a ver cal delas mete mais medo!. Merendamos e vimos pelis de medo. Un Samaín completo! Mirade, mirade...
domingo, 20 de octubre de 2013
A VOLTAS CO SAMAIN!
Ola a tod@s!
Un ano maís aquí estamos outra vez, xa ven entrado o curso, preparando cousiñas para os peques. Este ano dende a costa da morte, en Camariñas, onde o vento e o mar fan pulsos e a gheada e o seseo dan música á fala.
Despois da vendimia e coas primeiras castañas, xa sabemos que se achega o Samaín, tempo dos defuntos, caveiras e cabazas, tempo de bruxas, curuxas e pantasma....Tempo de medo pasar!
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Esta tradición de orixe europea foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun carnaval outonal.
Sabías que fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á moda do Halloween? (Vieiros na escola)
Un ano maís aquí estamos outra vez, xa ven entrado o curso, preparando cousiñas para os peques. Este ano dende a costa da morte, en Camariñas, onde o vento e o mar fan pulsos e a gheada e o seseo dan música á fala.Despois da vendimia e coas primeiras castañas, xa sabemos que se achega o Samaín, tempo dos defuntos, caveiras e cabazas, tempo de bruxas, curuxas e pantasma....Tempo de medo pasar!
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Esta tradición de orixe europea foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun carnaval outonal.
Sabías que fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á moda do Halloween? (Vieiros na escola)
Se pinchas no debuxo atoparas un feixe de recursos, contos, videos, etc...que atopei no blog "O recanto de mik"
Tamén atopei no blog "Mi música en el cole" , un documento wix onde están recopilados contos, danzas, manualidades e actividades en referencia ó "Halloween", porque é dun blog de Murcia e por alí non teñen tradición propia. Pinchade e a pasadeo de Medooo!!
miércoles, 19 de junio de 2013
RAP DO VERÁN
"Os nenos de primeiro,
cantamos este ano
un rap moi xeitosiño
con ritmo e con engado"
Así comenza o rap que estamos a preparar para o fin de curso. Nel facemos un repaso da chea de cousas que fixemos durante o curso, e o fan con moito ritmo e moitas ganas! Para mostra un ensaio na clase de música, están sen vestido rapeiro e faltaba algún compañeiro... pero pinta moi ben! Que opinades?
rap do verán from Maruxeira on Vimeo.
martes, 18 de junio de 2013
O MAR, ONDAS E CARACOLAS
Co gallo dos 10 anos de que ocorreu a terrible catástrofe ecolóxica do Prestige, e tendo en conta que no proxecto tratamos todo e canto ten que ver co mar, fixemos un conto, explicando o acontecido e ilustrado polos nenos e nenas dende infantil ata sexto. Títulase "Historia dun barco vello"
sábado, 8 de junio de 2013
LETRAS GALEGAS 2013
Este ano nas letras galegas homenaxeouse ó autor e actor teatral galego Roberto Vidal Bolaño. O cole vestiuse para tal ocasión case case coma unha escenografía teatral. Fixemos máscaras, leimos e falamos do autor, vimos magos actuando...e sobre todo, moi presente O TEATRO. Mirade...
LETRAS GALEGAS 2013 from Maruxeira on Vimeo.
miércoles, 5 de junio de 2013
sábado, 9 de marzo de 2013
A FRAGA ANIMADA
Os meus rapaces, de 1º de primaria, do cole Souto-Donas están feitos uns contistas...Inventaron un conto, logo ilustrarono e por último o plastificaron e encuadernaron. Así quedou de bonitiño! O título tamén foi idea deles...e que estou orgullosa orgullosa!. Espero que o disfrutedes.
Parabéns rapaces!
Parabéns rapaces!
miércoles, 6 de marzo de 2013
Contos para a igualdade
Xa que se acerca o día 8 de Marzo, día da muller. Quería recopilar aquí uns cantos contiños que teñen que ver coa igualdade e a coeducación. O primeiro é este: unha feliz catástrrofe
O seguinte é "Rosa caramelo", que loita contra os estereotipos femininos, e a educación machista.
Este esta en Inglés, pero quen non entende as aventuras de Elmer...
Aquí está otro contiño , que nos fala das "supermamás" que temos, e das familias distintas
lunes, 4 de marzo de 2013
Entroido 2013
Este ano no cole de Donas estamos a traballar un proxecto relacionado co mar. Desta maneira facemos moitas actividades durante o curso relacionadas con este tema, e o entroido non foi menos...O redor dun conto que contaba a historia da catástrofe do Prestige, foron facendo as súas actuacións todos os cursos. Por suposto íamos disfrazados de peixiños, mariscadores, moluscos, etc...Mirade que divertido e bonitiño quedou grazas a profe Olga , que montou este video tan chulo.
enteroido 2013 from Maruxeira on Vimeo.
martes, 19 de febrero de 2013
"WERTNES" NEGRO
O Val Miñor esta en loita!. En resposta a constante agresión o sistema educativo público , os institutos e colexios do Val Miñor únense para protestar en contra de todos os recortes e e a chea de leis que o goberno do PP leva a cabo en deterioro da educación pública galega.
Unha das medidas son os chamados "VENRES NEGROS", onde os docentes e membros da comunidade educativa fan concentracións de protesta, todos vestidos de negro, nos centros educativos antes de comenzaren a xornada. Eiquí un exemplo do C.E.I.P Souto-Donas.
Haberá mais medidas e mais protestas.
De momento, os venres no Val Miñor están de loito.
De momento, os venres no Val Miñor están de loito.
viernes, 15 de febrero de 2013
DÍA DA PAZ´13
Coincidencias da vida... no cole de Souto-Donas decidiron facer un lipdub o día da Paz, pero o curioso é que pensaron na mesma canción que o ano pasado fixemos no cole de Castrillón, en Coiro, Cangas. Como podedes comprobar quedou sinxelo e bonitiño. Parabéns a todos os/as rapaces/zas de Donas polo seu entusiasmo e traballo. Ahí vai!
miércoles, 16 de enero de 2013
HISTORIA DA MÚSICA EN ILUSTRACIÓNS
Non ten desperdicio! Unha clase de historia da música ilustrada e completa en sete minutos. Xenial!
jueves, 6 de diciembre de 2012
martes, 27 de noviembre de 2012
EXCURSION Ó TEATRO E Ó CASTRO
O venres 23 fomos de excursión a Vigo todo o primeiro ciclo. Primeiro fomos ó teatro a ver os títeres de Tanxarina, que sempre fan con tanto gusto a agarimo. Despois aproveitamos para ir a merendar ó monte do Castro. Despois dun rato xogando, fomos a unha visita guiada do Castro. Vimos como eran as casas castrexas e as romanas. Como vivían, que comían...Foi unha visita intensa pero gustou moito. Aquí tedes unha mostra do noso día!
sábado, 24 de noviembre de 2012
DANZA AFRICANA
No obradoiro de "danzas do mundo" que estamos a facer no cole, uníusenos unha nai, Mamer, a nai de Xan e Lira. Ela deunos unha clase preciosa de danza africana. Sudamos, bailamos e disfrutamos moito, cos distintos ritmos africanos e os seus movementos.
Grazas por compartir con nos este día Mamer!!
Aquí queda unha mostra do obradoiro.
lunes, 17 de septiembre de 2012
PIZZIPEDIA
Estou segura de que tod@s coñecedes ese programa que hai os sábados as 12 da mañá, na 2 de TVE, que achega os rapaces á música clásica. Efectivamente chámase PIZZICATO . Nel sempre aparecen un montón de curiosidades musicais, rapaces tocando,etc...Na web deste programa teñen unha "enciclopedia musical" moi interesante á que lle chaman Pizzipedia.
Botade unha ollada, hai cousas ben interesantes...
PIZZIPEDIA
Botade unha ollada, hai cousas ben interesantes...
PIZZIPEDIA
domingo, 16 de septiembre de 2012
Cancións da terra
Benvidos ó cole!!! Comenza o curso 2012- 2013 con cambios...este ano vou ser titora de primeiro de primaria, así que a miña actividade como profe de música vai quedar estancada polo menos durante un bo anaco. De todos os xeitos seguirei colgando curiosidades e traballos feitos cos rapaces, xa que este blog e algo mais que un blog de música. Mentres, para darvos a benvida e ir abrindo boca, invítovos a que escoitedes esta cantiga en galego. Un saúdo a tod@s!!
martes, 24 de julio de 2012
TROMPAS ALPINAS
Estas vacacións estando eu por Padua, Italia, cadrou que habia un festival folclórico europeo. Dentre moitas cousas curiosas atopei unha que non adoitamos ver or aquí: son as trompas alpinas. Curioso instrumento e sonido. Así que gravei un pequeno vidio para que as podades escoitar. Espero que vos guste!
P1040588 from Maruxeira on Vimeo.
P1040588 from Maruxeira on Vimeo.
viernes, 6 de julio de 2012
EU FALAREI!
Que gusto da atopar traballos así...tan ben feitos e con tanto contido e compromiso! Comparto con vos este Lipdub feito polo alumnado e profesorado do IES de Chapela.Que o disfrutedes!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





