lunes, 26 de septiembre de 2011

BENVIDOS O COLE!

 Outra cousa...Hoxe é o día Europeo das linguas unha iniciativa feita polo Consello europeo para promover o plurilingüísmo, xa que estamos convencidos de que a diversidade lingüítica e unha ferramenta para a comunicación intercultural e un elemento importantísimo na rica herdanza cultural do noso continente. No recanto de mik atopei este enlace con actividades, programas, conferencias etc...Pincha no poster!



Ola xentiña!
  Comenzamos un novo curso...Sí, xa sei que despois das vacacións costa moito levantarse pero...Que me dicides dos reencontros cos amigos e amigas,eh?
  Volvemos coa música e todas as cousas interesantes que hai ó redor dela. Preparados para disfrutar? Veña, abride ben as orellas, despertade o corpo, preparade as gorxas e...Música maestro!
   Para abrir boca comenzamos cun conto musicado:o Crevanoces de Tchaikovshy , espero que che guste!

   

sábado, 18 de junio de 2011

CHEGANDO Ó REMATE...

Está chegando o final de curso e andamos tod@s coa cabeza xa de vacacións verdade?. Estes días fixemos cousas como teatro de sombras que prepararon os rapaces de 1º e 2º para os de infantil. Son dous contiños da colección da rata Luisa e Caracol e Caracola. Aquí deixamos un recordiño. Que artistas sodes!


Este vidio é un exemplo dun dos contos que representaron os de 1º: "Caracol e Caracola" de OQO editora. Felicidades a Xerome, Lucía ,Tiffany, Alemu e Nerea polo seu traballo! E por suposto a Alba por ler tan ben e casi sin ensaio o contiño. Disfrutade!



Tamén fixeron os alumno@s de 5º e 6º instrumentos musicais con materiais de refugallo. Logo fixemos unha exposición con eles. Verdaderas marabillas! Botade unha ollada...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...