viernes, 16 de mayo de 2014

Letras galegas 2014

Recopilatorio de recursos para o 17 de Maio, Día das letras galegas.
 Recollido do blog "casa de tolos" 



Mais cousiñas na páxina de normalización lingüística ,pincha AQUÍ

PODA DE PINOS


Coa chegada da primavera e animados polo proxecto do cole de VOZ NATURA, os rapaces de quinto e sexto de primaria fomos a podar o monte do Seixo, en Camariñas. No 2006 houbo un gran incendio que arrasou este monte e anos despois o repoboaron. Así que , o mércores 9 de abril, guiados polos guardas forestais do distrito de Vimianzo e ataviados co material necesario, dividímonos en pequenos grupos e podamos boa cantidade de pinos a medio medrar.
Nuns aniños veremos este monte totalmente recuperado e saberemos que nos puxemos o noso graíño de area nesa reforestación. 


jueves, 24 de abril de 2014

Día dos soños

En conmemoración ó día do libro aquí deixo un corto animado. Feliz día do libro!

lunes, 7 de abril de 2014

FACEMOS INSTRUMENTOS?

  Agora que se achega a semana santa e imos ter tempo libre, imos aproveitar para poñernos mans a obra. Sabes o que é un luthier? Pois é a persoa que constrúe, axusta ou repara instrumentos musicais. É un traballo artesán ,xa que se fai todo a man, e é moi laborioso, xa que a parte da ténica de construcción , o son ten que ser o mellor posible.
   Pois agora tócanos a nos converternos en luthiers, así que vamos a visitar unhas páxinas que nos poden servir de axuda á hora de elaborar o noso instrumento musical.
 Ollo! É impotante que quede bonitiño pero é tamén moi moi importante que soe o mellor que podamos!
   O final faremos unha exposición cos instrumentos elaborados, así que desempolva as ferramentas, pide axuda na casa e...alá imos! Pinchas nas imaxes e iras a páxinas que te axudarán.
                           


Tamén nesta  páxina fan instrumentos con material de refugallo, titúlase 

 Fixadevos nesta páxina na esquerda hai fotos duns instrumentos realizados por outros rapaces doutro cole. No título pon Luthería. Mira que feitiños!


viernes, 28 de marzo de 2014

GALICIAN TALENT

 Alucinade co talento que hai no pais, ni voz kids nin ocho cuartos. Estes rapaces paga pena escoitalos. Disfrutao!


viernes, 21 de marzo de 2014

O cine e a educación en valores

 Recopilo catro cortametraxes pensados non sólo para traballar na clase, sinon tamén na casa para educar en valores ó alumnado e que reflexione sobre a amiszade, a solidariedade, e o traballo en equipo

"A viaxe de Said" :Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta cortametraxe musical de animación feita con plastilina.  Nel plantexase o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidaridade


"El vendedor de humo": Este corto animado plantexa diferentes cuestions, a través das cuales os alumnos teñen a oportunidade de reflexionar: o consumismo, a picaresca, cómo en ocasions  damoslle demasiada importancia ás apariencias…



 "Cuerdas": O guionista y director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que foi recoñecida recentemente co  Premio Goya 2014 a mellor Cortametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, aa inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.


"El hombre orquesta": A factoría de animación Pixar é a autora desta cortametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle  a importancia de traballar en grupo. Asimesmo, reflexa que as rivalidades non sempre son boas, en especial cando son levadas ó extremo e isto implica magoar ó resto de compañeiros.

lunes, 17 de marzo de 2014

CAL É O TEU ESTILO?

 Os rapaces/as de 5º e 6º de primaria imos facer un traballo de investigación.Vamos a elexir o estilo musical que mais nos guste e o noso grupo favorito. Xa veredes canta variedade e que ben soa. Aprenderemos e descubriremos novas músicas. Clica na foto,lee ven todo o que tes que facer e ponte mans a obra! Nunha semana comenzamos a expoñer os vosos traballos.


domingo, 16 de marzo de 2014

CURIOSIDADES MUSICAIS

Presentovos unha curiosidade: para que vexades o que se pode facer cos chelos. Esta ben ver cousas diferentes e estilos variados. A posta en escena tamén é interesante, así que a disfrutar con  Thunderstruck . Isto é talento!

viernes, 7 de marzo de 2014

IGUALDADE: UTOPÍA ?

Según un estudio que se acaba de publicar, en europa unha de cada cinco mulleres foi maltratada, vexada ou sufriu algún tipo de violencia machista. 1 de cada 5 !!! É todavía pensamos que isto non urxe traballalo na escola? 

Como cada 8 de marzo,  propoñovos actividades  e recursos para seguir traballando a coeducación , a igualdade de xénero e a non violencia machista. Non é un traballo relegado a estas datas senon que debe estar presente en toda a nosa actividade docente, pero hoxe, especialmente facemos fincapé nesta realidade a acadar: A IGUALDADE!



http://www.edualter.org/material/dona/dona2000.htm

Ahí vai outra páxina interesante

http://www.educacionenvalores.org/spip.php?page=galego&lang=gl
   No cole fixemos unhas camisetas despois de ter unha charla sobre igualdade, mirade que chulas quedaron e que eslogan mais xeitoso

martes, 4 de marzo de 2014

Bolero de Ravel, animación

Ahí vai un pequeno agasallo: o Bolero de Ravel animado. Está moi simpático e é un traballo moi interesante. Espero que vos guste!



E xa que estamos hoxe de agasallos animados, ahí vai outro ben bonito e doce.

miércoles, 26 de febrero de 2014

Entroido 2014

Xa chegou o entroido! E no blog da casa de tolos atopei este feixe de recursos para coñecer mais cousiñas  sabre esta festa tan nosa. Que vos aproveite!
 
entroido
Aquí una webquest(pincha ahí) sobre a figura dos merdeiros en Vigo, que se foi recuperando duns anos a esta parte grazas en gran parte a labor da asociación vecinal do casco vello.

E no recanto de Mik fixeron esta recopilación de recurso tan xeitosa.
Pincha AQUÍ

viernes, 24 de enero de 2014

Vai chegando a Paz?

   Dende o CEIP Milladoiro de Malpica  chéganos este conto que se titula "Marce, o Carteiro" e ten que ver con estas datas tan próximas o día da Paz


E dende o cole  de Ponzos de Ferrol, esta presentación, onde explican que é a paz e fálannos de personas coñecidas que traballaron para acadar un mundo mais xusto.

http://www.slideshare.net/bemilladoiro/dia-da-paz-30335576

miércoles, 8 de enero de 2014

XOGOS MUSICAIS

Benvidos ó 2014 e que sexa un ano feliz para tod@s!!
Volvemos das vacacións de nadal e que mellor manera de voltar á realidade que xogando!. Aquí propoño uns cantos xogos que vamos a utilizar na aula e que podedes probar na casa tamén, a ver se os gustan!
1º-Maguaré é un portal creado para fomentar a creatividade dos nenos e nenas e está cheo de ferramentas de todos os campos artísticos, tamén o musical, claro.


Mguaré


2º- Se queres descubrir como soa o nadal e calquer lugar do mundo, so tes que buscar no mapa e seleccionar. E agora a abrir as orellas

 O nadal no mundo

 3º- Para infantil está preparada esta aplicación, a través da cal xogamos a adiviñar sons e a poñerlles cara. Pon as orellas a traballar!



Estes xogos foron recopilados do blog da aula de música CEIP Gerardo Diego. 

miércoles, 18 de diciembre de 2013

EDUCACIÓN PARA UN FUTURO SOSTIBLE

Unha Eco-carta para os reis magos! Isto é o que no envia SOGAMA( sociedade galega do medio ambiente) un conto no que nos conta o que fai a familia Trebón nestas datas...Chega o Nadal no planeta verde!

lunes, 2 de diciembre de 2013

COUSAS DO APALPADOR

   Como vimos falando estes anos, estase a recuperar a figura do Apalpador, ese home das montañas que baixa o 31 de decembro a apalparlle as barrigas os nenos e nenas e agasalla castañas e xogueites feitos por él , de madeira. Ahí tedes un vidio cunha entrevista a Xoan G. autor de dous dos contos feitos sobre o apalpador, onde nos conta moitas curiosidades.
                                   

A Fundación Artábria elaborou unhas unidades didácticas para infantil e primaria, son moi aproveitables...pincha no debuxo do apalpador! Tamén o tes en formato dixital en  http://issuu.com/fartabria/docs/udapalpador


 
  Tamén podedes entrar na páxina do apalpador e atopar os contos en formato dixital, láminas para colorear, cartas ó apalpador e moitas mais cousiñas...Pincha AQUÍ
   Existen tamén cantigas sobre esta personaxe mítica, moitas copliñas distintas, e como exemplo esta que canta Xavier Díaz co pandeiro.

E outra feita polo grupo Malvela. Mira mira...


Tamén hai moitas actividades Lim sobre este tema, esta é unha feita na Barbanza, a ver que vos parece?

 Lim

No recanto de mik, fixeron unha investigación concienzuda sobre o apalpador, se queres seguir a súa pista dalle  a  SIII. E aquí vai outra  pesquisa. Se o consegues poderemos darche o carne de investigador total. Ánimo!

No CEIP de Xuvencos contaron a historia do apalpador de este xeito tan chulo!

lunes, 25 de noviembre de 2013

25 N: SE QUERES DAR ABRAZOS POR QUÉ DAR TORTAZOS?

Outro ano máis conmemoramos o 25 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cómo me gustaría que non existira tal conmemoración!!!! Nas aulas podemos aportar o noso gran de area fomentando a coeducación, a igualdade e o respecto.


Na casa de tolos tomei prestadoeste conto, LOS COLORES . Precioso! Pinchade no título e mirade...

TODOS OS DÍAS SON O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER.
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, NIN HOXE ,NIN NUNCA.

martes, 19 de noviembre de 2013

Quen dixo que a música clásica non é divertida?

 A música clásica segue a ser unha fonte inagotable de inspiración para os músicos, directores de cine, pintores, publicistas...de feito, en moitas ocasións nin nos decatamos da vixencia da novena sinfonia ou a Traviata , presentes nun anuncio, nuha peli ou nos moviles.
   Neste recurso, danse a coñecer os grandes clásicos dun xeito sinxelo e divertido. Trátase da compilación dalgunhas das óperas mais impottantes da historia: Para Elisa, la Quinta Sinfonía, la Pastoral o la Patética, de Beethoven.
   O autor deste recurso seleccionou unha serie de vidios de youtube e enlaces a outras páxinas  nos que se repasan, de maneira didáctica e adaptada ó alumnado estas lexendarias composicións


Canción de Cuna, la Flauta Mágica y la Marcha Turca, de Mozart


 Aida y La Traviata, de Verdi; o la Balada nº 2, de Chopin



martes, 12 de noviembre de 2013

ESTAMOS COMPOÑENDO!!

Os compañeiros de 6º e 5º estamos provando un programa moi interesante. Chámase incredibox e permítenos elexir entre varios efectos, melodías e voces e facer a nosa propia composición. É moi dibertido e empezan a chegar xa as primeiras obras destes artístas camariñeses!.Esta é unha mostra, é de Martín de 6º A, noraboa! Pinchade na foto e escoitade!




Moi ben rapaces/as, sodes uns artistas. Boa participación!!

lunes, 11 de noviembre de 2013

MAGOSTO EN CAMARIÑAS


O pasado venres 8 de novembro festexamos o Magosto. Sí, ultimamente se nos xuntan as festas, pero a época das castañas xa ven dende fai un tempo...Comemos castañas asadas, tivemos un pequeno concerto que Carla, Valeria e Sara nos deron coa gaita e pandeiretas. Despois fixemos xogos relacionados coas castañas. Música,castañas e xogos, iso sí que é un bo magosto!

domingo, 3 de noviembre de 2013

CELEBRANDO O SAMAÍN

O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. Fixemos unha exposición de cabazas arrepiantes e logo houbo premios as catro mais terroríficas: un por ciclo.
Despois disfrazámonos e visitamos a portas das clases porque hai un concurso de portas, a ver cal delas mete mais medo!. Merendamos e vimos pelis de medo. Un Samaín completo! Mirade, mirade...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...