miércoles, 21 de enero de 2015
viernes, 26 de diciembre de 2014
Do Magosto ó Nadal
Aquí deixo un enlace a páxina da EDLG, onde hai un feixe de recursos para o nadal .Pincha AQUÍ
E cun chisco de retraso pero sempre ben recibidas aquí están as fotos do magosto deste ano no Toural. Fixemos moitos xogos e despois a papar castanas!
miércoles, 26 de noviembre de 2014
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Un recoñecemento o matriarcado galego. Un canto de amor as mulleres e a liberdade!
Falando de mulleres, igualdade e coeducación, ahí vai unha boa páxina para visitar e revisitar
loquenosenombra.blogspot.com
Do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, temos un conto que traballa este problema de violencia machista que hai incrustado nesta sociedade.
lunes, 3 de noviembre de 2014
SAMAÍN 2014
Dende animación á lectura propuxemos esta actividade para celebrar o Samaín. Fixemos un contacontos con historias arrepiantes,e para iso vestimos a bliblioteca con morcegos,pantasmas e cabazas feitas polos nenos/as cos seus familiares. Dende a ESO a infantil,os maiores contaron historias ós pequenos. Pasámolo de medo!
lunes, 27 de octubre de 2014
lunes, 22 de septiembre de 2014
SÁCALLE O PO AS MATES E A LINGUA
Como acaba de comenzar o curso e vimos do verán con todo un pouco esquecido, imos facer un repaso sinxelo e divertido a uns cantos conceptos matemáticos.
Aquí tamén repasaremos as tablas e así poñemos o coco a toda marcha. Empezamos pola
BIMATES , é un xogo no que poderás traballar moitos contidos das matemáticas do segundo ciclo.
Agora imos repasar un pouco de lingua. Aquí tedes un xogo divertido para traballar e darlle a lingua! A ver como se vos da...Pinchade en ORTOGRAFÍA NATURAL
martes, 9 de septiembre de 2014
DALLE O ON Ó NOVO CURSO !
Outro ano mais comenzamos un novo curso, e queremos facelo con moitas ganas de aprender e moi bo humor. Aquí poñemos uns recursos para utilizar os primeiros días de clase para poñernos en marcha. Veña darlle ó ON !
Xogos para poñer en marcha o cerebro despois de tantos día de vacacións.Veña a darlle ó coco!
VIVAJUEGOS(pincha)
Para comenzar ben propoño estes cortos animados no que se tratan temas que nos interesan na aula; a diversidade, o compañerismo o traballo en grupo,etc...a ver si nos anima ó comenzo!
"Interacción cos iguais”, este é título deste recuso didáctico orientado a mostrar as formas de conduta e de comportamento para vivir de maneira axeitada cada unha das situacións da vida cotiá.
Para rematar o noso reencontro imos facelo escoitando e vendo esta canción,que nos enche de bo rollo e de ganas de poñer o noso gran de area para facer un mundo mellor
Algúns destes recursos atopeinos no blog, pabloquintasprimaria.wordpress.com
miércoles, 6 de agosto de 2014
SOMBRAS PARA O FIN DE CURSO
Este fin de curso estuvo cheo de cancións, bailes e teatro, pero os rapaces e rapazas de alternativa de 4º de primaria prepararon este contiño en teatro de sombras. Titulase NADARÍN , seguro que o tedes nas bibliotecas escolares, e fala do traballo en grupo, o necesario que somos todos para acadar boas cousas...
A pesares de que o son non é moi bo porque está gravado no festival mesmo, eu axo que daredes entendido o conto. Parabéns os teatreiros camariñáns!
jueves, 5 de junio de 2014
EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS
Este ano, o alumnado de 4º, 5º e 6º fixeron
un proxecto musical moi interesante.Trataba do seguinte: primeiro, aprendimos o
que era un luthier, despois estivemos vendo no blog de música varias
páxinas onde falaban da construcción de instrumentos musicais
"caseiros" e con material de refugallo.
A partir de aquí e coa axuda dos nosos pais
e nais, avós, irmáns, etc...puxémonos mans a obra. E dúas semaniñas xa tíñamos
verdadeiras obras de arte. Hai guitarras que parecen mercadas nunha tenda de
música,frautas case "máxicas", salterios marabillosos, maracas, paos
de chuvia, baterías, zambombas, xilófonos, tambores...
Cando foron chegando os instrumentos
preparamos unha exposición no pasillo do cole.
Enoraboa os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º
do cole polo seu entusiasmo e traballo e grazas os familiares pola súa
colaboración. Así da gusto, que orgullosiña estou!. Podedes ver nesta presentación este traballo tan ben feito!
INSTRUMENTOS CAMARIÑAS from Maruxeira on Vimeo.
INSTRUMENTOS CAMARIÑAS from Maruxeira on Vimeo.
viernes, 16 de mayo de 2014
Letras galegas 2014
Recopilatorio de recursos para o 17 de Maio, Día das letras galegas.
Recollido do blog "casa de tolos"
Recollido do blog "casa de tolos"
Mais cousiñas na páxina de normalización lingüística ,pincha AQUÍ
PODA DE PINOS
Coa chegada da primavera e animados polo proxecto do cole de VOZ NATURA, os rapaces de quinto e sexto de primaria fomos a podar o monte do Seixo, en Camariñas. No 2006 houbo un gran incendio que arrasou este monte e anos despois o repoboaron. Así que , o mércores 9 de abril, guiados polos guardas forestais do distrito de Vimianzo e ataviados co material necesario, dividímonos en pequenos grupos e podamos boa cantidade de pinos a medio medrar.
Nuns aniños veremos este monte totalmente recuperado e saberemos que nos puxemos o noso graíño de area nesa reforestación.
jueves, 24 de abril de 2014
lunes, 7 de abril de 2014
FACEMOS INSTRUMENTOS?
Agora que se achega a semana santa e imos ter tempo libre, imos aproveitar para poñernos mans a obra. Sabes o que é un luthier? Pois é a persoa que constrúe, axusta ou repara instrumentos musicais. É un traballo artesán ,xa que se fai todo a man, e é moi laborioso, xa que a parte da ténica de construcción , o son ten que ser o mellor posible.
Pois agora tócanos a nos converternos en luthiers, así que vamos a visitar unhas páxinas que nos poden servir de axuda á hora de elaborar o noso instrumento musical.
Ollo! É impotante que quede bonitiño pero é tamén moi moi importante que soe o mellor que podamos!
O final faremos unha exposición cos instrumentos elaborados, así que desempolva as ferramentas, pide axuda na casa e...alá imos! Pinchas nas imaxes e iras a páxinas que te axudarán.

Tamén nesta páxina fan instrumentos con material de refugallo, titúlase
Fixadevos nesta páxina na esquerda hai fotos duns instrumentos realizados por outros rapaces doutro cole. No título pon Luthería. Mira que feitiños!
viernes, 28 de marzo de 2014
GALICIAN TALENT
Alucinade co talento que hai no pais, ni voz kids nin ocho cuartos. Estes rapaces paga pena escoitalos. Disfrutao!
viernes, 21 de marzo de 2014
O cine e a educación en valores
Recopilo catro cortametraxes pensados non sólo para traballar na clase, sinon tamén na casa para educar en valores ó alumnado e que reflexione sobre a amiszade, a solidariedade, e o traballo en equipo
"A viaxe de Said" :Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta cortametraxe musical de animación feita con plastilina. Nel plantexase o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidaridade
"Cuerdas": O guionista y director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que foi recoñecida recentemente co Premio Goya 2014 a mellor Cortametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, aa inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.
"El hombre orquesta": A factoría de animación Pixar é a autora desta cortametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle a importancia de traballar en grupo. Asimesmo, reflexa que as rivalidades non sempre son boas, en especial cando son levadas ó extremo e isto implica magoar ó resto de compañeiros.
lunes, 17 de marzo de 2014
CAL É O TEU ESTILO?
Os rapaces/as de 5º e 6º de primaria imos facer un traballo de investigación.Vamos a elexir o estilo musical que mais nos guste e o noso grupo favorito. Xa veredes canta variedade e que ben soa. Aprenderemos e descubriremos novas músicas. Clica na foto,lee ven todo o que tes que facer e ponte mans a obra! Nunha semana comenzamos a expoñer os vosos traballos.
domingo, 16 de marzo de 2014
CURIOSIDADES MUSICAIS
Presentovos unha curiosidade: para que vexades o que se pode facer cos chelos. Esta ben ver cousas diferentes e estilos variados. A posta en escena tamén é interesante, así que a disfrutar con Thunderstruck . Isto é talento!
viernes, 7 de marzo de 2014
IGUALDADE: UTOPÍA ?
Según un estudio que se acaba de publicar, en europa unha de cada cinco mulleres foi maltratada, vexada ou sufriu algún tipo de violencia machista. 1 de cada 5 !!! É todavía pensamos que isto non urxe traballalo na escola?
Como cada 8 de marzo, propoñovos actividades e recursos para seguir traballando a coeducación , a igualdade de xénero e a non violencia machista. Non é un traballo relegado a estas datas senon que debe estar presente en toda a nosa actividade docente, pero hoxe, especialmente facemos fincapé nesta realidade a acadar: A IGUALDADE!
Ahí vai outra páxina interesante
No cole fixemos unhas camisetas despois de ter unha charla sobre igualdade, mirade que chulas quedaron e que eslogan mais xeitoso
martes, 4 de marzo de 2014
Bolero de Ravel, animación
Ahí vai un pequeno agasallo: o Bolero de Ravel animado. Está moi simpático e é un traballo moi interesante. Espero que vos guste!
E xa que estamos hoxe de agasallos animados, ahí vai outro ben bonito e doce.
miércoles, 26 de febrero de 2014
Entroido 2014
Xa chegou o entroido! E no blog da casa de tolos atopei este feixe de recursos para coñecer mais cousiñas sabre esta festa tan nosa. Que vos aproveite!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)







