lunes, 23 de febrero de 2015

EDUCACIÓN EMOCIONAL

Sempre é unha tarefa pendente o traballar na escola as emocións, e é tan fundamental na vida coma o resto das aprendizaxes .Nesta publicación queremos tratar cun feixe de recursos para traballar na aula as emocións, a autoestima, a coeducación, etc...Interntar dar resposta e poñerlle nome a chea de sentimentos que experimentan os nenos/as,  para convertirnos en individuos equilibrados e intelixentes emocionalmente.
 Proxecto es de Educación en Valores, creado por Martín Pinos Quílez

 Educación emocional

O seguinte libro está elaborado pola conselleria do Principado de Asturias. É un caderno para traballar na aula ou na casa, coas familias. Moi interesante.

 acTIVIDADES EMOCIONALES

Libro de contos editado por CEAPA  e creados por Clara Redondo  e Chema Gómez de Lora

 CONTOS

Blogue de Symbaloo con múltiples recursos tanto online como en pdf sobre habilidades sociais



Moitos destes recurso foron atopados no elblogdehiara.org

miércoles, 18 de febrero de 2015

O salón do libro

O noso cole participa no salón do libro de Pontevedra e estamos montando un libro entre todos. Como o tema de este ano é "Da ciencia á ficción", cada aula creou un invento. Na catro follas van o nome, a descripción da máquina, o debuxo e a historia dese invento. A clase de 3º inventou a Maquina da amizade. Mirade que apañadiño quedou!

miércoles, 21 de enero de 2015

RAPEANDO IGUALDADE


Alumnos dos institutos Lama das Quendas e Val do Asma de Chantada, protagonizan o videoclip «Rap-E-ando pola igualdade» Menudo traballo mais currado! Tomamos nota. Noraboa rapaces/as! 

viernes, 26 de diciembre de 2014

Do Magosto ó Nadal

Aquí deixo un enlace  a páxina da EDLG, onde hai un feixe de recursos para o nadal .Pincha AQUÍ

   E cun chisco de retraso pero sempre ben recibidas aquí están as fotos do magosto deste ano no Toural. Fixemos moitos xogos e despois a papar castanas!

miércoles, 26 de noviembre de 2014

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

  Un recoñecemento o matriarcado galego. Un canto de amor as mulleres e a liberdade!




Falando de mulleres, igualdade e coeducación, ahí vai unha boa páxina para visitar e revisitar
loquenosenombra.blogspot.com

Do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, temos un conto que traballa este problema de violencia machista que hai incrustado nesta sociedade.



lunes, 3 de noviembre de 2014

SAMAÍN 2014

  Dende animación á lectura propuxemos esta actividade para  celebrar o Samaín. Fixemos un contacontos con historias arrepiantes,e para iso vestimos a bliblioteca con morcegos,pantasmas e cabazas feitas polos nenos/as cos seus familiares. Dende a ESO a infantil,os maiores contaron historias ós pequenos. Pasámolo de medo!

         
            Samain´14 vilaboa from Maruxeira on Vimeo.

lunes, 22 de septiembre de 2014

SÁCALLE O PO AS MATES E A LINGUA

Como acaba de comenzar o curso e vimos do verán con todo un pouco esquecido, imos facer un repaso sinxelo e divertido a uns cantos conceptos matemáticos.
Aquí tamén repasaremos as tablas e así poñemos o coco a toda marcha. Empezamos pola 
 BIMATES , é un xogo no que poderás traballar moitos contidos das matemáticas do segundo ciclo.
 Agora imos repasar un pouco de lingua. Aquí tedes un xogo divertido para traballar e darlle a lingua! A ver como se vos da...Pinchade en ORTOGRAFÍA NATURAL

martes, 9 de septiembre de 2014

DALLE O ON Ó NOVO CURSO !


Outro ano mais comenzamos un novo curso, e queremos facelo con moitas ganas de aprender e moi bo humor. Aquí poñemos uns recursos para utilizar os primeiros días de clase para poñernos en marcha. Veña darlle ó ON !

Xogos para poñer en marcha o cerebro despois de tantos día de vacacións.Veña a darlle ó coco!
 Memoria

VIVAJUEGOS(pincha)

Para comenzar ben propoño estes cortos animados no que se tratan temas que nos interesan na aula; a diversidade, o compañerismo o traballo en grupo,etc...a ver si nos anima ó comenzo!


"Interacción cos iguais”, este é título deste recuso didáctico orientado a mostrar as formas de conduta e de comportamento para vivir de maneira axeitada cada unha das situacións da vida cotiá.
 iGUAIS
Para rematar o noso reencontro imos facelo escoitando e vendo esta canción,que nos enche  de bo rollo e de ganas de poñer o noso gran de area para facer un mundo mellor


Algúns destes recursos atopeinos no blog, pabloquintasprimaria.wordpress.com

miércoles, 6 de agosto de 2014

SOMBRAS PARA O FIN DE CURSO

Este fin de curso estuvo cheo de cancións, bailes e teatro, pero os rapaces e rapazas de alternativa de 4º de primaria prepararon este contiño en teatro de sombras. Titulase NADARÍN , seguro que o tedes nas bibliotecas escolares, e fala do traballo en grupo, o necesario que somos todos para acadar boas cousas...
A pesares de que o son non é moi bo porque está gravado no festival mesmo, eu axo que daredes entendido o conto. Parabéns os teatreiros camariñáns!

                     nadarín from Maruxeira on Vimeo.

jueves, 5 de junio de 2014

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS

Este ano, o alumnado de 4º, 5º e 6º fixeron un proxecto musical moi interesante.Trataba do seguinte: primeiro, aprendimos o que era un luthier, despois estivemos vendo no blog de música varias páxinas onde falaban da construcción de instrumentos musicais "caseiros" e con material de refugallo. 
A partir de aquí e coa axuda dos nosos pais e nais, avós, irmáns, etc...puxémonos mans a obra. E dúas semaniñas xa tíñamos verdadeiras obras de arte. Hai guitarras que parecen mercadas nunha tenda de música,frautas case "máxicas", salterios marabillosos, maracas, paos de chuvia, baterías, zambombas, xilófonos, tambores...
Cando foron chegando os instrumentos preparamos unha exposición no pasillo do cole.

Enoraboa os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º do cole polo seu entusiasmo e traballo e grazas os familiares pola súa colaboración. Así da gusto, que orgullosiña estou!. Podedes ver nesta presentación este traballo tan ben feito!

INSTRUMENTOS CAMARIÑAS from Maruxeira on Vimeo.

viernes, 16 de mayo de 2014

Letras galegas 2014

Recopilatorio de recursos para o 17 de Maio, Día das letras galegas.
 Recollido do blog "casa de tolos" 



Mais cousiñas na páxina de normalización lingüística ,pincha AQUÍ

PODA DE PINOS


Coa chegada da primavera e animados polo proxecto do cole de VOZ NATURA, os rapaces de quinto e sexto de primaria fomos a podar o monte do Seixo, en Camariñas. No 2006 houbo un gran incendio que arrasou este monte e anos despois o repoboaron. Así que , o mércores 9 de abril, guiados polos guardas forestais do distrito de Vimianzo e ataviados co material necesario, dividímonos en pequenos grupos e podamos boa cantidade de pinos a medio medrar.
Nuns aniños veremos este monte totalmente recuperado e saberemos que nos puxemos o noso graíño de area nesa reforestación. 


jueves, 24 de abril de 2014

Día dos soños

En conmemoración ó día do libro aquí deixo un corto animado. Feliz día do libro!

lunes, 7 de abril de 2014

FACEMOS INSTRUMENTOS?

  Agora que se achega a semana santa e imos ter tempo libre, imos aproveitar para poñernos mans a obra. Sabes o que é un luthier? Pois é a persoa que constrúe, axusta ou repara instrumentos musicais. É un traballo artesán ,xa que se fai todo a man, e é moi laborioso, xa que a parte da ténica de construcción , o son ten que ser o mellor posible.
   Pois agora tócanos a nos converternos en luthiers, así que vamos a visitar unhas páxinas que nos poden servir de axuda á hora de elaborar o noso instrumento musical.
 Ollo! É impotante que quede bonitiño pero é tamén moi moi importante que soe o mellor que podamos!
   O final faremos unha exposición cos instrumentos elaborados, así que desempolva as ferramentas, pide axuda na casa e...alá imos! Pinchas nas imaxes e iras a páxinas que te axudarán.
                           


Tamén nesta  páxina fan instrumentos con material de refugallo, titúlase 

 Fixadevos nesta páxina na esquerda hai fotos duns instrumentos realizados por outros rapaces doutro cole. No título pon Luthería. Mira que feitiños!


viernes, 28 de marzo de 2014

GALICIAN TALENT

 Alucinade co talento que hai no pais, ni voz kids nin ocho cuartos. Estes rapaces paga pena escoitalos. Disfrutao!


viernes, 21 de marzo de 2014

O cine e a educación en valores

 Recopilo catro cortametraxes pensados non sólo para traballar na clase, sinon tamén na casa para educar en valores ó alumnado e que reflexione sobre a amiszade, a solidariedade, e o traballo en equipo

"A viaxe de Said" :Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta cortametraxe musical de animación feita con plastilina.  Nel plantexase o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidaridade


"El vendedor de humo": Este corto animado plantexa diferentes cuestions, a través das cuales os alumnos teñen a oportunidade de reflexionar: o consumismo, a picaresca, cómo en ocasions  damoslle demasiada importancia ás apariencias…



 "Cuerdas": O guionista y director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que foi recoñecida recentemente co  Premio Goya 2014 a mellor Cortametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, aa inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.


"El hombre orquesta": A factoría de animación Pixar é a autora desta cortametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle  a importancia de traballar en grupo. Asimesmo, reflexa que as rivalidades non sempre son boas, en especial cando son levadas ó extremo e isto implica magoar ó resto de compañeiros.

lunes, 17 de marzo de 2014

CAL É O TEU ESTILO?

 Os rapaces/as de 5º e 6º de primaria imos facer un traballo de investigación.Vamos a elexir o estilo musical que mais nos guste e o noso grupo favorito. Xa veredes canta variedade e que ben soa. Aprenderemos e descubriremos novas músicas. Clica na foto,lee ven todo o que tes que facer e ponte mans a obra! Nunha semana comenzamos a expoñer os vosos traballos.


domingo, 16 de marzo de 2014

CURIOSIDADES MUSICAIS

Presentovos unha curiosidade: para que vexades o que se pode facer cos chelos. Esta ben ver cousas diferentes e estilos variados. A posta en escena tamén é interesante, así que a disfrutar con  Thunderstruck . Isto é talento!

viernes, 7 de marzo de 2014

IGUALDADE: UTOPÍA ?

Según un estudio que se acaba de publicar, en europa unha de cada cinco mulleres foi maltratada, vexada ou sufriu algún tipo de violencia machista. 1 de cada 5 !!! É todavía pensamos que isto non urxe traballalo na escola? 

Como cada 8 de marzo,  propoñovos actividades  e recursos para seguir traballando a coeducación , a igualdade de xénero e a non violencia machista. Non é un traballo relegado a estas datas senon que debe estar presente en toda a nosa actividade docente, pero hoxe, especialmente facemos fincapé nesta realidade a acadar: A IGUALDADE!



http://www.edualter.org/material/dona/dona2000.htm

Ahí vai outra páxina interesante

http://www.educacionenvalores.org/spip.php?page=galego&lang=gl
   No cole fixemos unhas camisetas despois de ter unha charla sobre igualdade, mirade que chulas quedaron e que eslogan mais xeitoso

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...