miércoles, 16 de septiembre de 2015

FELIZ VOLTA AO COLE!



Xa comezamos o novo curso, estamos en 4º de primaria!.
Estamos moi contentos, ainda que somos menos. Marcharon Lina, Zouhair, Zacaria e Iker e imos botalos moito de menos.
Agora somos so estes: Samu, Juan, Antonio, Pedro, Gabriel, Fátima, Marta, Adam e Noelia


Por último deixarvos  unha receita para comezar o novo curso, que atopamos no blog de aulaticferrol.




sábado, 27 de junio de 2015

Fin do curso 14/15

O prometido é deuda!. Aquí estamos todos e todas(menos Lina) o último día de clase. Meus cativos, deséxovos o mellor verán!!!! Disfrutade moito e a coller fozas para o próximo curso.
Moitas apertas para tod@s e tamén para as vosas familias!

 Felices vacacións!


domingo, 17 de mayo de 2015

Letras galegas 2015

Para estas letras galegas fixemos un mural  e nos botaron moito a lingua! Gústache? Cal é a túa lingua?

Seguindo unha iniciativa da CGENDL, colaboramos na difusión dunha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual, espallando o video: "PRESUME DE GALEGO" polas redes sociais para que o 17 de maio non seña a meta senón a liña de saída.




Tamén nos visitou Fran Alonso, e como estiveramos lendo o seu libro "O meu gato é un poeta", fixemos un caligrama cos nosos versos. Durante todos os luns do curso, dende normalización lingüística puxeron no corredor palabras fermosas en Galego. Eleximos as mais bonitas de todas e con iso e en equipos de aprendizaxe cooperativo fixemos uns poemiñas. Están no gato, velos?





Maios

Este ano tivemos a sorte de que o pai de Noelia fíxonos a estrutura dun maio. Así que trouxemos o fiuncho e as flores e nos puxemos mans a obra. Quedou chuliño pero ademais aprendemos unhas coplas de maio para cantar a ritmo duns paus (de 13 Lúas), que decía así:

Para cantar este maio
tivemos que ir a roubar
o fiuncho e mailas flores
 a casa de Ferradás.
Ailalalá ailalelo ailalá!

Viu Ferradás
cunha escopeta vella
pegounos un tiro 
e rachounos unha orella.
Ailalalá ailalelo ailalá!





lunes, 27 de abril de 2015

RECITANDO POEMAS

 Co gallo do día da poesía, alá por finais de marzo, estivemos facendo Biopoemas, que non son mais que poemas sobre a nosa vida. Había que facelos seguindo esta estrutura, ainda que podía haber variacións:
1ª liña: O noso nome
2º liña: Algún adxectivo que nos defina
3ªliña: Fillo/a de ...
4ª liña: A quen lle gusta ...
5ª liña: Que odia...
6ª liña: Que lle ten medo a ...
7ª liña: Que soña con ...
8ª liña: Que está fachendoso/a de ....
9ª liña: Que vive en ...
10ª liña: O apelido
Unha vez rematados ilustrámolos coas nosas fotos pero utilizando un programa chamado PicJoke que as convierte en debuxos a lapis. Estos son exemplos de como quedaron estes traballiños.
(Agradecer a aulaticterradeferrol esta idea tan chula) 
                                                                               
                   

 Tamén gravamos estes poemiñas. A ver que vos parecen!

         

         

         

        
            

viernes, 24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO



Estas semanas estivemos lendo estes libros no cole " O soño de Esther" para os mais pequenos e "A nena a quen non deixaban ser feliz" de Miguel Anguel Alonso Diz. Traballamos a reo e fixemos un gran mural no corredor. @S  cativ@s de 3º participamos con instruccións e receitas para ser feliz. Onte 23, veu a visitarnos o autor.



Durante o curso a nosa clase vistou unha vez por semana a biblioteca  para levar un libro a casa. Unha vez lido facíamos unha cadea co título, autor/a, e un pequeno resumo. A esto chamámoslle cadeas lectoras(guiño á xoaniña favorita). Según foi pasando o curso o cativo/a que chegaba a 10 cadeas convertíase en rei ou raíña lectora e coloreaba o seu premio-debuxo. Onte, día do libro contamos as cadeas de cada un, unímolas todas e contamos outra vez: limos 215 libros entre tod@s!. Para velo mais gráficamente colgamos a cadea xigante no corredor do cole!

   
                                                                 
(Dibuxo de rei/raíña lectora sacado da páxina de Mamacabra)

domingo, 22 de marzo de 2015

Rectas, ángulos e xeometría


Como estamos traballando en mates os temas das rectas e angulos, nestes xogos interactivos poderemos repasar todo o que xa sabemos. Proba a ver si eres un experto!


Nesta aplicación tamen poderemos calcular os perímetros dos distintos polígonos.
Pincha AQUÍ

Nesta outra páxina hai un feixe de exercicios para traballar os contidos das matemáticas que se dan en 3º de primaria Pincha e xa verás

Outro xogo de xeometría

domingo, 1 de marzo de 2015

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración  o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro. Este ano, baixo o lema "Eu son Rosalía" nos convida a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada...

Unidade didáctica de Cristina Corral Soilán 
Libro Lim baseado no libro Rosalía editado pola fundación Rosalía de Castro e narrado por Sara Ferrín Pérez
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html

Libro Lim do poema Parece unha Rosa
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html

Fixemos comics a través dun programa de ordenador sobre a vida de Rosalía!

No seguinte enlace  atoparedes unha antoloxía de poemas de Rosalía de Castro musicados. Podes escoitar os que queiras e ler o poema. Disfrutao. Pincha



 Tamen fixemos este "comecocos"
con anacos de poemas de Rosalía de castro






Fixemos este mural con anacos de poemas de Rosalía de Castro e tamén coas ilustracións do libro "Adios rios, adios fontes" de bahía edicións, ilustrado por Rodrigo Chao, decoramos o pasillo.


 




Moito deste material atopeino en www.ospoemasdorio.comaulatic-terradeferrol.blogspot.com

lunes, 23 de febrero de 2015

EDUCACIÓN EMOCIONAL

Sempre é unha tarefa pendente o traballar na escola as emocións, e é tan fundamental na vida coma o resto das aprendizaxes .Nesta publicación queremos tratar cun feixe de recursos para traballar na aula as emocións, a autoestima, a coeducación, etc...Interntar dar resposta e poñerlle nome a chea de sentimentos que experimentan os nenos/as,  para convertirnos en individuos equilibrados e intelixentes emocionalmente.
 Proxecto es de Educación en Valores, creado por Martín Pinos Quílez

 Educación emocional

O seguinte libro está elaborado pola conselleria do Principado de Asturias. É un caderno para traballar na aula ou na casa, coas familias. Moi interesante.

 acTIVIDADES EMOCIONALES

Libro de contos editado por CEAPA  e creados por Clara Redondo  e Chema Gómez de Lora

 CONTOS

Blogue de Symbaloo con múltiples recursos tanto online como en pdf sobre habilidades sociais



Moitos destes recurso foron atopados no elblogdehiara.org

miércoles, 18 de febrero de 2015

O salón do libro

O noso cole participa no salón do libro de Pontevedra e estamos montando un libro entre todos. Como o tema de este ano é "Da ciencia á ficción", cada aula creou un invento. Na catro follas van o nome, a descripción da máquina, o debuxo e a historia dese invento. A clase de 3º inventou a Maquina da amizade. Mirade que apañadiño quedou!

miércoles, 21 de enero de 2015

RAPEANDO IGUALDADE


Alumnos dos institutos Lama das Quendas e Val do Asma de Chantada, protagonizan o videoclip «Rap-E-ando pola igualdade» Menudo traballo mais currado! Tomamos nota. Noraboa rapaces/as! 

viernes, 26 de diciembre de 2014

Do Magosto ó Nadal

Aquí deixo un enlace  a páxina da EDLG, onde hai un feixe de recursos para o nadal .Pincha AQUÍ

   E cun chisco de retraso pero sempre ben recibidas aquí están as fotos do magosto deste ano no Toural. Fixemos moitos xogos e despois a papar castanas!

miércoles, 26 de noviembre de 2014

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

  Un recoñecemento o matriarcado galego. Un canto de amor as mulleres e a liberdade!




Falando de mulleres, igualdade e coeducación, ahí vai unha boa páxina para visitar e revisitar
loquenosenombra.blogspot.com

Do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, temos un conto que traballa este problema de violencia machista que hai incrustado nesta sociedade.



lunes, 3 de noviembre de 2014

SAMAÍN 2014

  Dende animación á lectura propuxemos esta actividade para  celebrar o Samaín. Fixemos un contacontos con historias arrepiantes,e para iso vestimos a bliblioteca con morcegos,pantasmas e cabazas feitas polos nenos/as cos seus familiares. Dende a ESO a infantil,os maiores contaron historias ós pequenos. Pasámolo de medo!

         
            Samain´14 vilaboa from Maruxeira on Vimeo.

lunes, 22 de septiembre de 2014

SÁCALLE O PO AS MATES E A LINGUA

Como acaba de comenzar o curso e vimos do verán con todo un pouco esquecido, imos facer un repaso sinxelo e divertido a uns cantos conceptos matemáticos.
Aquí tamén repasaremos as tablas e así poñemos o coco a toda marcha. Empezamos pola 
 BIMATES , é un xogo no que poderás traballar moitos contidos das matemáticas do segundo ciclo.
 Agora imos repasar un pouco de lingua. Aquí tedes un xogo divertido para traballar e darlle a lingua! A ver como se vos da...Pinchade en ORTOGRAFÍA NATURAL

martes, 9 de septiembre de 2014

DALLE O ON Ó NOVO CURSO !


Outro ano mais comenzamos un novo curso, e queremos facelo con moitas ganas de aprender e moi bo humor. Aquí poñemos uns recursos para utilizar os primeiros días de clase para poñernos en marcha. Veña darlle ó ON !

Xogos para poñer en marcha o cerebro despois de tantos día de vacacións.Veña a darlle ó coco!
 Memoria

VIVAJUEGOS(pincha)

Para comenzar ben propoño estes cortos animados no que se tratan temas que nos interesan na aula; a diversidade, o compañerismo o traballo en grupo,etc...a ver si nos anima ó comenzo!


"Interacción cos iguais”, este é título deste recuso didáctico orientado a mostrar as formas de conduta e de comportamento para vivir de maneira axeitada cada unha das situacións da vida cotiá.
 iGUAIS
Para rematar o noso reencontro imos facelo escoitando e vendo esta canción,que nos enche  de bo rollo e de ganas de poñer o noso gran de area para facer un mundo mellor


Algúns destes recursos atopeinos no blog, pabloquintasprimaria.wordpress.com

miércoles, 6 de agosto de 2014

SOMBRAS PARA O FIN DE CURSO

Este fin de curso estuvo cheo de cancións, bailes e teatro, pero os rapaces e rapazas de alternativa de 4º de primaria prepararon este contiño en teatro de sombras. Titulase NADARÍN , seguro que o tedes nas bibliotecas escolares, e fala do traballo en grupo, o necesario que somos todos para acadar boas cousas...
A pesares de que o son non é moi bo porque está gravado no festival mesmo, eu axo que daredes entendido o conto. Parabéns os teatreiros camariñáns!

                     nadarín from Maruxeira on Vimeo.

jueves, 5 de junio de 2014

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS

Este ano, o alumnado de 4º, 5º e 6º fixeron un proxecto musical moi interesante.Trataba do seguinte: primeiro, aprendimos o que era un luthier, despois estivemos vendo no blog de música varias páxinas onde falaban da construcción de instrumentos musicais "caseiros" e con material de refugallo. 
A partir de aquí e coa axuda dos nosos pais e nais, avós, irmáns, etc...puxémonos mans a obra. E dúas semaniñas xa tíñamos verdadeiras obras de arte. Hai guitarras que parecen mercadas nunha tenda de música,frautas case "máxicas", salterios marabillosos, maracas, paos de chuvia, baterías, zambombas, xilófonos, tambores...
Cando foron chegando os instrumentos preparamos unha exposición no pasillo do cole.

Enoraboa os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º do cole polo seu entusiasmo e traballo e grazas os familiares pola súa colaboración. Así da gusto, que orgullosiña estou!. Podedes ver nesta presentación este traballo tan ben feito!

INSTRUMENTOS CAMARIÑAS from Maruxeira on Vimeo.

viernes, 16 de mayo de 2014

Letras galegas 2014

Recopilatorio de recursos para o 17 de Maio, Día das letras galegas.
 Recollido do blog "casa de tolos" 



Mais cousiñas na páxina de normalización lingüística ,pincha AQUÍ
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...