sábado, 5 de marzo de 2016

ESPAZOS LIBRES DE MACHISMO


Outro ano máis co gallo do día internaciónal das mulleres, 8 de marzo, imos aproveitar para seguir traballando pola igualdade. Fixemos este mural o grupo de 4º.
Para ir abrindo boca imos coñecer a historia de Malala Yousafzai, unha das luitadoras mais novas e defensora dos dereitos das nenas  en Pakistan. Por iso foi galardonada co premio nobel da Paz.


Que queres ser de maior? Hai profesións de nenos e de nenas?  Os soños dos nenos e das nenas son distintintos?...Sobre isto imos refexionar despois de ver esta historia de Super Pepo.

Se pinchas na seguinte imaxe ataporás unha chea de recursos para traballar este día. Están recopilados pola mestra Mª Asunción García Alvarez.

lunes, 29 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Coma todos os 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía De Castro. Este ano ademáis de tocarnos como poeta do mes, o equipo de normalización lingüística xunto ao de animación á lectura propuxemos a seguinte actividade:

Imos mandar unha postal en conmemoración deste día, copiando un anaco dun poema de Rosalía, coloreando unha caricatura da autora e escribindo unhas verba para a familia. Logo iremos a correos para enviala.












En colaboración co concello de Vilaboa  fixemos un "fotocol", onde posamos con versos de poemas de Rosalía.

 Por equipos e ó final en grupo...As fotos colgaranse tamen na páxina web do concello, así que podedes ver a todos os nenos e nenas do cole alí.





Tamén elaboramos un comecocos se Rosalía, que o ano pasado nos fixera o profe Iván, no que hai fragmentos de poemas de Rosalia de castro.





viernes, 12 de febrero de 2016

ENTROIDO EN VILABOA 2016

Este ano polo entroido e dacordo coa temática do salón do libro de Pontevedra " Canta bichería", disfrazámonos de bichiños, cada clase ou ciclo fixo os seus. Nos éramos bichos especiais, que vos parece?
















Tamén viñeron da asociación de entroido de Cobres a contarnos como é a tradición da zona de santa Cristina e de San Adrián. Como bailan as Madamas e Galáns e como é a súa vestimenta. Acompañáronos tamén compañeiros de 2º da ESO (Joana e Alejandro) vestidos e dispostos a facernos varias danzas. Mirade que guapos!. Grazas rapaces!



Vimos o traballón que da elaborar os sombreiros e facer os traxes...

Que ben lle senta a Gabi eh?



Por último  e non por iso menos apetecibel, o tradicional concurso de doces de entroido do cole do Toural. Aquí unha pequena mostra co alumnado de 4ºde primaria.. Que rico estaba todo! Grazas pola vosa participación.






viernes, 18 de diciembre de 2015

nadal 2015

Este ano para celebrar o nadal fixemos un biscoito que nos saliu riquísimo!. Tamén nos visitou PapaNoel, e bailamos cun animador que troxo ANPA.Mirade a pinta do biscoito!

















Aquí temos un vidio sobre o Apalpador


Cantiga sobre o Apalpador de Paco Nogueiras no disco de "Brinca vai"

No CRA de Bergondo fixeron un xogo para coñecer mellor a flora e a fauna do Caurel, a terra do Pandigueiro:

lunes, 14 de diciembre de 2015

A POETA DO MES:GLORIA SANCHEZ

Seguindo coa actividade de "Un poeta cada mes", este mes toca trabalar con Gloria Sanchez. En primeiro lugar investigamos sobre a autora e para iso fomos a aula de informática onde atopamos os datos que buscabamos. Logo escollemos un poema e o aprendemos de memoria. É unha autora moi prolífica, e lemos e olleamos moitos dos
seus libros, tanto de poemas coma de teatro e novela xuvenil. Moito aprendemos sobre esta mestra-escritora!


                       










jueves, 3 de diciembre de 2015

IN MEMORIAM...

Outra cousa pendente é o noso concurso de recitados de poemas de Xosé Neira Vilas, e que mellor homenaxe  ao recén desaparecido poeta, que os nenos e nenas de 4ºde primaria, recitándoos.
 A cousa está complicada para decidir quen foi o mellor recitando...que opinades?
                              Fátima from Maruxeira on Vimeo.
                              Gabriel from Maruxeira on Vimeo.
                            Marta from Maruxeira on Vimeo.
                            Pedro from Maruxeira on Vimeo.
                         Juan from Maruxeira on Vimeo.
                              Antonio from Maruxeira on Vimeo.
                          Adam from Maruxeira on Vimeo.
                           Noelia from Maruxeira on Vimeo.
                           Samuel from Maruxeira on Vimeo.

lunes, 30 de noviembre de 2015

Magosto 2015

A principios deste mes celebramos o magosto no cole. Fixemos unha chea de xogos populares coma carreiras de sacos, tiramos da corda, o xogo das sillas, encestar a castaña...ó rematar e unha vez asadas as castañas, cada un recibiu o seu cucurucho e...a papar!




miércoles, 25 de noviembre de 2015

NON A VIOLENCIA

Este ano cada unha das clases do CPI estamos a facer un eslogan contra a violencia machista, para encher o cole de mensaxes contra esta lacra. Subiremos as fotos do noso traballo.
Por outra banda hai unha campaña de" Non violencia de xénero" con material didáctico para tratar en infantil e primaria, so tedes que pinchar AQUI

E para continuar neste 25 de novembro aí van uns cantos vidios para tratalo na escola

Dende Compostela levaron a cabo unha iniciativa ben chula, os comercios vestiron os escaparates de negro e con mensaxes en contra a violencia machista. Mirade, mirade...



  Outro documental interesante titulado "querernos bien"...pincha no enlace

O prometido é débeda, aquí colgamos algunhas fotos das mensaxes que fomos poñendo polos corredores do centro contra a violencia machista.









martes, 24 de noviembre de 2015

UN POETA CADA MES

Dende o equipo de animación á lectura do noso cole, se está levando a cabo un proxecto ben xeitoso. Titúlase "Un poeta cada mes" e como ben refire o título trátase de abordar un poeta ou poetisa galega cada mes. Na clase xa temos un curruncho onde poñemos a fotografía, o nome, a biografía e bibliografía.Tamén pegamos os traballos que facemos.


  Este mes tocoulle o turno a Xosé Neira Vilas. Estivemos lendo sobre a súa vida no exilio, lemos distintos poemas dos seus libros e escoitamos algún musicado pola Quenlla. Logo en equipos eleximos un, copiámolo e ilustrámolo para logo pegalo no recuncho. Agora temos que aprendelo porque imos facer un concurso de recitado. O gañador gravarémolo para que o vexades neste blog.


 


miércoles, 4 de noviembre de 2015

CONTOS ARREPIANTES!

O prometido é débeda! Aquí están as obras de arte dos rapaces/as de 4º de primaria do cole. Como explicamos na anterior publicación, tiramos catro dados onde nos tocaba un personaxe, un comenzo para o conto, un lugar e un obstáculo. Con isto fixemos as nosas historias de medo e quedaron así de ben. Noraboa!


                    CONTOS ARREPIANTES from Maruxeira on Vimeo.

Este ano dende dinamización lingüística propuxemos o I concurso de portas arrepiantes. Cada curso recibiu un conto de medo e inspirados no mesmo había que decorar a porta da clase.O rematar todos fomos a velas e votamos a que mais nos gustou. Pero resultou que houbo un empate e todos gañamos este I concurso e recibimos uns libros para a biblioteca da aula e algunhas chuches para endulzar este Samaín. Aquí tedes unha mostra das nosas portas. Uns artistas!            
             
               PORTAS ARREPIANTES´15 from Maruxeira on Vimeo.

jueves, 29 de octubre de 2015

FELIZ SAMAÍN!

Os nenos e nenas de 4º estamos a facer o noso libro de medo. Para iso temos catro dados:un con personaxes terroríficos, outro con lugares, outro con comenzos para as historias e o último con obstáculos a superar. Cada un de nos tirou os dados e co que saiu tivemos que inventar unha historia arrepiante. Aquí estamos no proceso. Cando teñamos o noso libro xa o subiremos aquí.



Contos de medo - Kizoa Movie Maker

O material para facer os cubos saqueino do blog de  aulaticferrol. Obrigadinho!

Aquí poñemos tamén unha chea de recursos para o samaín. Pincha na foto e que preste!



miércoles, 16 de septiembre de 2015

FELIZ VOLTA AO COLE!



Xa comezamos o novo curso, estamos en 4º de primaria!.
Estamos moi contentos, ainda que somos menos. Marcharon Lina, Zouhair, Zacaria e Iker e imos botalos moito de menos.
Agora somos so estes: Samu, Juan, Antonio, Pedro, Gabriel, Fátima, Marta, Adam e Noelia


Por último deixarvos  unha receita para comezar o novo curso, que atopamos no blog de aulaticferrol.




sábado, 27 de junio de 2015

Fin do curso 14/15

O prometido é deuda!. Aquí estamos todos e todas(menos Lina) o último día de clase. Meus cativos, deséxovos o mellor verán!!!! Disfrutade moito e a coller fozas para o próximo curso.
Moitas apertas para tod@s e tamén para as vosas familias!

 Felices vacacións!


domingo, 17 de mayo de 2015

Letras galegas 2015

Para estas letras galegas fixemos un mural  e nos botaron moito a lingua! Gústache? Cal é a túa lingua?

Seguindo unha iniciativa da CGENDL, colaboramos na difusión dunha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual, espallando o video: "PRESUME DE GALEGO" polas redes sociais para que o 17 de maio non seña a meta senón a liña de saída.




Tamén nos visitou Fran Alonso, e como estiveramos lendo o seu libro "O meu gato é un poeta", fixemos un caligrama cos nosos versos. Durante todos os luns do curso, dende normalización lingüística puxeron no corredor palabras fermosas en Galego. Eleximos as mais bonitas de todas e con iso e en equipos de aprendizaxe cooperativo fixemos uns poemiñas. Están no gato, velos?





Maios

Este ano tivemos a sorte de que o pai de Noelia fíxonos a estrutura dun maio. Así que trouxemos o fiuncho e as flores e nos puxemos mans a obra. Quedou chuliño pero ademais aprendemos unhas coplas de maio para cantar a ritmo duns paus (de 13 Lúas), que decía así:

Para cantar este maio
tivemos que ir a roubar
o fiuncho e mailas flores
 a casa de Ferradás.
Ailalalá ailalelo ailalá!

Viu Ferradás
cunha escopeta vella
pegounos un tiro 
e rachounos unha orella.
Ailalalá ailalelo ailalá!





lunes, 27 de abril de 2015

RECITANDO POEMAS

 Co gallo do día da poesía, alá por finais de marzo, estivemos facendo Biopoemas, que non son mais que poemas sobre a nosa vida. Había que facelos seguindo esta estrutura, ainda que podía haber variacións:
1ª liña: O noso nome
2º liña: Algún adxectivo que nos defina
3ªliña: Fillo/a de ...
4ª liña: A quen lle gusta ...
5ª liña: Que odia...
6ª liña: Que lle ten medo a ...
7ª liña: Que soña con ...
8ª liña: Que está fachendoso/a de ....
9ª liña: Que vive en ...
10ª liña: O apelido
Unha vez rematados ilustrámolos coas nosas fotos pero utilizando un programa chamado PicJoke que as convierte en debuxos a lapis. Estos son exemplos de como quedaron estes traballiños.
(Agradecer a aulaticterradeferrol esta idea tan chula) 
                                                                               
                   

 Tamén gravamos estes poemiñas. A ver que vos parecen!

         

         

         

        
            
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...