miércoles, 16 de marzo de 2022

PINGÜINERAS

 

  Bo día nenas e nenos, Camilo segue a enviar imaxes do bicherío que hai pola Antártida. Neste caso son Pingüineras de tamaño considerable, coma a última que vimos . Observade e admirade a natureza en explendor!


A espedición de Camilo e os seus compañeiros está chegando ao seu fin. A fináis deste mes de marzo volven para Vigo. A ver se temos a sorte de que nos veña visitar Camilo ao cole, así que ide pensando as posibles preguntas que lle querades facer.


   Por certo, alguén oiu falar do barco que atoparon afundido nos mares da Antártida estes días pasados?
  Foi de unha expedición fallida de fai máis dun século, en 1915 que fixo un explorador chamado 


(Pinchade no nome e investigade un pouco, tamén veredes as imaxes do barco atopado)

 Esperamos ter algún vidio máis de despedida....
ATA  PRONTO!


martes, 8 de marzo de 2022

ANIMÁIS DA ANTÁRTIDA

 

  Nesta  ocasión Camilo fai unha excursión pola Antártida e nos ensina máis polo miúdo distintos animáis. Botádelle un ollo a este novo vidio que nos ensina.



jueves, 3 de marzo de 2022

Antártida PAZ e CIENCIA

 Como xa nos contou Camilo,  á Antártida tamén van científicos aos que eles dan soporte. Hoxe toca falar de ciencia e destes científicos. No seguinte vidio vannos falar sobre que estudan e analizan na Antártida. 

Despois de ver o vidio podemos debater sobre se vos parece importante que se fagan estes estudos científicos ou para que pensades que poden valer. 


Alguén de vos pensa en adicarse a ciencia?



martes, 15 de febrero de 2022

Excursión pola zona!

   

   Xa tedes ganas de ver os habitantes da Antártida non? Camilo envía xa algúns animáis dos que van atopando, imaxinades cales?

 Ide botando unha ollada e investigade un pouco sobre as distintas especies que se poden atopar. 


                                                                                        



  

martes, 8 de febrero de 2022

CAMILO CHEGA A ANTÁRTIDA!


 Ola rapaces/as!

  Camilo e os seus compañeiros/as xa chegaron por fin a base da Antártida! 

Por certo, lembrades como se chamaba a base Española na Antártida?.

Aquí chegan dous vidios na nova aventura! 

Lembrade gravar un vidio se queres preguntar ou mandar algunha mensaxe a Camilo!


                                                                                        
         

miércoles, 2 de febrero de 2022

COMEZA A VIAXE!

 

Comeza a viaxe en barco cara Antártida!

  Como sabedes Camilo e os seus compañeir@s de viaxe tiveron que facer corentena unha vez chegados a Puntarenas en Chile(se  pinchades no nome da cidade atoparedes información sobre a mesma). Agora xa embarcados no buque Sarmiento de Gamboa van camiño a súa base na Antártida. Aquí tedes o segundo vidio onde nolo contan.



 Se queredes facerlle algunha pregunta ou mandarlle algunha mensaxe a Camilo, gravádeo coa mestra  e faremos que o reciba!

domingo, 21 de noviembre de 2021

Música en galego

 

Aí vai unhaboa selección de música infantil en galego!


https://open.spotify.com/playlist/3Y7IigcZn4y354KIdFBzTN

miércoles, 28 de noviembre de 2018

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


  Para o 25 N estivemos lendo un poema e coas súas estrofas gravamos un vidio protesta para rexeitar a violencia de xénero. Aí o deixo para que podades ver o resultado. Pincha na imaxe para velo.

 https://drive.google.com/file/d/1ECLtFEpCSgmwTwVLVfAQlo7urOZLz11W/view?usp=sharing

O alumnado de 6º tamén estiveron elaborando un rap co gallo desta conmemoración. estamos en proceso de gravación do vidio clip, en breves teremos aquí o resultado.

lunes, 26 de noviembre de 2018

Facemos marcapáxinas

Benvidos o curso 2018-19!
 Neste comezo de curso en plástica tivemos unha expertas en papiroflexia que nos ensinaron a facer dous tipos de marcapáxinas. Foi moi didáctico e divertido e Sandra e Nerea fixeron un gran traballo. 


Aquí deixamos un titorial por se alguén quere aprender...

 

miércoles, 27 de junio de 2018

Excursión de fin de curso 3º-4º E.P.

  O prometido é débeda...aí estan unhas poucas fotos da excursión que fixemos ao Ecoparque de Cotobade. Que ben o pasamos! Felices vacacións!

lunes, 25 de junio de 2018

FELICES VACACIÓNS!

Simplemente quero desexarvos a tod@s moi moi felices vacacións! Que gocedes moito do verán e veñades o curso que ven coas pilas ben cargadas! . Espero en breve subir fotos da excursión de fin de curso...mentres tanto a nosa última foto despois do salto de XANELA! ;P


 APERTAS GRANDES A TODOS E TODAS!

martes, 12 de junio de 2018

Son experto en...

Xa imos rematando e aquí deixamos derradeiros expertos. Iván falounos do Titanic, moitas curiosidades do barco e de por que afundiu. É un tema que lle apasiona e que todos esperaban de Iván. Estivo moi ben Iván!

















E por último, e non foi sen tempo...Mourad que nos fixo esperar polo seu traballo. Mourad é experto no monopatín, díxonos quen o inventou, falo das súas partes e contounos canto tempo lle dedica a esta aficción. Vale Mourad, chegaches a tempo!



Son experto en...



Fai semanas expuxo Alberto e se me colou  poñelo na páxina. Falounos do sistema solar e os planetas e coa axuda das súa famia  construiu un sistema solar en movemento. Gustounos moito e quedou moi moi curioso o traballo,  noraboa!







Tamén tivemos a Claudia falándonos de estrelas. Do sol, das constelacións e estrelas fugaces...cunha selección de fotos moi bonitas. Moi chulo Claudia!






martes, 22 de mayo de 2018

Son experto en...

Estas semanas convertíronse en expertos Noa e Alberto. Noa pola súa banda fixo oseu traballo sobre Kango Power, unhas botas moi especiais coas que se baila e fas exercicio. Moi interesante Noa!




Naira tamén se fixo experta unha destas semanas e falonos do patinaxe. das partes dos patíns, de cando empezou a patinar e por qué lle gusta tanto esta actividade. Ben Naira!!






viernes, 27 de abril de 2018

Visita ao museo


Este mércores 25 de abril( o dia da revolución dos craveis) fixemos unha visita ao museo de Pontevedra. En especial fomos o edificio sexto a ver pintura e escultura galega, e nos que estamos facendo en plástica un proxecto de de pintoras galegas, vimos cadros de Mª Antonia Dans ou de Maruxa Mallo que estudamos este curso. Fixemos dedetectives seguindo unhas pistas que aparecian nos cadros. Moi interesante!

martes, 24 de abril de 2018

Visita de María Canosa

                                                                                 
O pasado venres 20 de abril visitounos a escritora María Canosa. Nesta clase limos un libro de ela titulado "Rubicundo".




Explicounos como é o seu traballo e respondeu a unha chea de preguntas que tiñamos sobre o libro e sobre o oficio de escribir.
Despois firmounos os libros que mercáramos e adicounolos. Na clase fixemos un mural conhistorias inventadas por nos sobre como sería un día na vida de Rubicundo, o noso cosedor de ventos. E quedounos ben chulo!

lunes, 23 de abril de 2018

Son experto en

Estas últimas semanas os nosos expertos foron Yassim e Janet. O primeiro fixo unha fermosa e moi traballada exposión sobre Van Gogh. Falou sobre a súa vida, elexiu unhas obras para explicarnolas. Vimos parte dos seus cadros, etc...Noraboa polo traballo!











Logo tocoulle o turno a Janet que falounos da Gimnasia rítmica , actividade que levaba practicando dende os 3 anos.
 Fixo un mural con fotos dela practicando o deporte , e información sobre o orixe deste, etc... Moi ben Janet! 



martes, 10 de abril de 2018

Son experto en...



Esta semana pasada tocoulle o turno a Martín, 
que falou da guitarra clásica. Explicounos  as partes da guitarra os distintos tipos  de guitarra que hai.
  
Tamén  tocounos algunha peza e ensinou puas.
Moi ben Martín, noraboa!

martes, 13 de marzo de 2018

Escolas Unesco

A semana pasada tivemos unha saída didáctica a Pontevedra. Era unha xuntanza das escolas Unesco. Participamos nun concerto, expúxose os traballos realizados polos distintos coles e participamos en distintos obradoiros. Algúns nos gustaron mais e outros menos. Ao final nos deron un diploma por participar e fixemos foto de grupo.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...