jueves, 24 de mayo de 2012

CORRELINGUA E PESDELÁN

   Durante este curso e dacordo con outros profes de música da comarca, comenzamos un proxecto que ó final variou pero que foi moi divertido e didáctico. Tratouse dunha invitación ao pracer de cantar e bailar o noso patrimonio cultural, así que inspirados polo libro-cd  que o grupo Pesdelán creou fai un par de anos titulado " Na punta do pé ", preparamos un repertorio de danzas propias da tradición galega e tamén da dos nosos curmáns os portugueses.
    Comenzamos xa fai ben tempo...dividimos as danzas según a súa complexidade e os nen@s de infantil e de 1º e 2º de primaria preparamos cinco danzas ó longo destes meses. Algunhas gustáronnos especialmente: o Garutiño, O camiño de Viseu, O vello mentireiro...

  

 





  





Para os rapaces e rapazas do segundo e terceiro ciclo de primaria reservamos danzas con máis dificultade, como  A cirigoça, O pingacho ou  unha Muiñeira...

  
  Despois dun longo ensaio, ocurriuselles os organizadores do Correlingua, que como sabedes é unha festa que se fai nos arredores do día das letras galegas para festexar a nosa lingua, xuntar éste co concerto didáctico do Grupo Pesdelán, así que, dobre festa!

  
    O 14 de Maio, sete grupos do centro marchamos a Moaña, onde se fetexaba o Correlingua para toda a comarca do Morrazo. 17 coles se uniron a nós nesta festa!






Alí fixemos unha pequena camiñata polo centro da vila ata o palco da música, mentres os mais pequenos de infantil agardaban por nós facendo distintos talleres plásticos e musicais.
 



    



   
   
  
 Despois comenzou o concerto e 1.500 rapaces e rapazas nos puxemos a bailar xuntiños todas esas danzas aprendidas ó longo do curso. Que ben o fixemos e que risas nos botamos! 


    Ata o ano próximo!

4 comentarios:

Blogueira @MestraPrimaria dijo...

Qué experiencia máis fermosa! ;)
Gústame moito!

María- música dijo...

;) Sí , a verdade que foi chulo! Bico moza!

Pesdelán dijo...

Nos tamén o pasamos moi, pero que moi ben! Moitísimas grazas e agardamos coincidir axiña noutro concerto.

Saúdos.

Pesdelán.

María- música dijo...

Que ben, grazas por visitar o noso blog! Un saúdo!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...