martes, 24 de octubre de 2017

EXPRÉSOME OS XOVES!

Exprésome os xoves é unha actividade que facemos todas as semanas que trata do seguinte: escoitamos unha peza de música escollida pola mestra. Tocaremos todos os estílos, dende rock, pasando por clásica ata blues...etc(excepto reggaeton, que xa se ecoita en todos os  currunchos do mundo e creo que a profe non lle gusta nada ;)). Para iso gardamos silencio e pechamos os ollos. Despois na libreta de galego e como mínimo en catro lineas temos que escribir o que sentimos ao escoitala, ou o que nos evocou, se nos recordou a algo ou a alguén... Trátase de expresar emocións, recordos ou que queiramos pero expresalo. Unha vez escrito quen o desexe o pode compartir e...Caramba!, Cada vez se nos animan mais!
  De momento levamos tres: 
                 2.-Banda sonora da Misión 
                  3.-Queen "Under pressure" 
Podes pinchar nos títulos e escoitalas. De momento a cousa estanos a resultar complicada pero gusta.
 A ver que escoitamos o próximo día...

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...