Os rapaces/as de 5º e 6º de primaria imos facer un traballo de investigación.Vamos a elexir o estilo musical que mais nos guste e o noso grupo favorito. Xa veredes canta variedade e que ben soa. Aprenderemos e descubriremos novas músicas. Clica na foto,lee ven todo o que tes que facer e ponte mans a obra! Nunha semana comenzamos a expoñer os vosos traballos.
lunes, 17 de marzo de 2014
domingo, 16 de marzo de 2014
CURIOSIDADES MUSICAIS
Presentovos unha curiosidade: para que vexades o que se pode facer cos chelos. Esta ben ver cousas diferentes e estilos variados. A posta en escena tamén é interesante, así que a disfrutar con Thunderstruck . Isto é talento!
viernes, 7 de marzo de 2014
IGUALDADE: UTOPÍA ?
Según un estudio que se acaba de publicar, en europa unha de cada cinco mulleres foi maltratada, vexada ou sufriu algún tipo de violencia machista. 1 de cada 5 !!! É todavía pensamos que isto non urxe traballalo na escola?
Como cada 8 de marzo, propoñovos actividades e recursos para seguir traballando a coeducación , a igualdade de xénero e a non violencia machista. Non é un traballo relegado a estas datas senon que debe estar presente en toda a nosa actividade docente, pero hoxe, especialmente facemos fincapé nesta realidade a acadar: A IGUALDADE!
Ahí vai outra páxina interesante
No cole fixemos unhas camisetas despois de ter unha charla sobre igualdade, mirade que chulas quedaron e que eslogan mais xeitoso
martes, 4 de marzo de 2014
Bolero de Ravel, animación
Ahí vai un pequeno agasallo: o Bolero de Ravel animado. Está moi simpático e é un traballo moi interesante. Espero que vos guste!
E xa que estamos hoxe de agasallos animados, ahí vai outro ben bonito e doce.
miércoles, 26 de febrero de 2014
Entroido 2014
Xa chegou o entroido! E no blog da casa de tolos atopei este feixe de recursos para coñecer mais cousiñas sabre esta festa tan nosa. Que vos aproveite!
viernes, 24 de enero de 2014
Vai chegando a Paz?
Dende o CEIP Milladoiro de Malpica chéganos este conto que se titula "Marce, o Carteiro" e ten que ver con estas datas tan próximas o día da Paz
E dende o cole de Ponzos de Ferrol, esta presentación, onde explican que é a paz e fálannos de personas coñecidas que traballaron para acadar un mundo mais xusto.
miércoles, 8 de enero de 2014
XOGOS MUSICAIS
Benvidos ó 2014 e que sexa un ano feliz para tod@s!!
Volvemos das vacacións de nadal e que mellor manera de voltar á realidade que xogando!. Aquí propoño uns cantos xogos que vamos a utilizar na aula e que podedes probar na casa tamén, a ver se os gustan!
1º-Maguaré é un portal creado para fomentar a creatividade dos nenos e nenas e está cheo de ferramentas de todos os campos artísticos, tamén o musical, claro.
2º- Se queres descubrir como soa o nadal e calquer lugar do mundo, so tes que buscar no mapa e seleccionar. E agora a abrir as orellas
miércoles, 18 de diciembre de 2013
EDUCACIÓN PARA UN FUTURO SOSTIBLE
Unha Eco-carta para os reis magos! Isto é o que no envia SOGAMA( sociedade galega do medio ambiente) un conto no que nos conta o que fai a familia Trebón nestas datas...Chega o Nadal no planeta verde!
lunes, 2 de diciembre de 2013
COUSAS DO APALPADOR
Como vimos falando estes anos, estase a recuperar a figura do Apalpador, ese home das montañas que baixa o 31 de decembro a apalparlle as barrigas os nenos e nenas e agasalla castañas e xogueites feitos por él , de madeira. Ahí tedes un vidio cunha entrevista a Xoan G. autor de dous dos contos feitos sobre o apalpador, onde nos conta moitas curiosidades.
A Fundación Artábria elaborou unhas unidades didácticas para infantil e primaria, son moi aproveitables...pincha no debuxo do apalpador! Tamén o tes en formato dixital en http://issuu.com/fartabria/docs/udapalpador
Tamén podedes entrar na páxina do apalpador e atopar os contos en formato dixital, láminas para colorear, cartas ó apalpador e moitas mais cousiñas...Pincha AQUÍ
Existen tamén cantigas sobre esta personaxe mítica, moitas copliñas distintas, e como exemplo esta que canta Xavier Díaz co pandeiro.
E outra feita polo grupo Malvela. Mira mira...
Tamén hai moitas actividades Lim sobre este tema, esta é unha feita na Barbanza, a ver que vos parece?
lunes, 25 de noviembre de 2013
25 N: SE QUERES DAR ABRAZOS POR QUÉ DAR TORTAZOS?
Outro ano máis conmemoramos o 25 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cómo me gustaría que non existira tal conmemoración!!!! Nas aulas podemos aportar o noso gran de area fomentando a coeducación, a igualdade e o respecto.
TODOS OS DÍAS SON O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER.
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, NIN HOXE ,NIN NUNCA.
martes, 19 de noviembre de 2013
Quen dixo que a música clásica non é divertida?
A música clásica segue a ser unha fonte inagotable de inspiración para os músicos, directores de cine, pintores, publicistas...de feito, en moitas ocasións nin nos decatamos da vixencia da novena sinfonia ou a Traviata , presentes nun anuncio, nuha peli ou nos moviles.
Neste recurso, danse a coñecer os grandes clásicos dun xeito sinxelo e divertido. Trátase da compilación dalgunhas das óperas mais impottantes da historia: Para Elisa, la Quinta Sinfonía, la Pastoral o la Patética, de Beethoven.
O autor deste recurso seleccionou unha serie de vidios de youtube e enlaces a outras páxinas nos que se repasan, de maneira didáctica e adaptada ó alumnado estas lexendarias composicións
Canción de Cuna, la Flauta Mágica y la Marcha Turca, de Mozart
martes, 12 de noviembre de 2013
ESTAMOS COMPOÑENDO!!
Os compañeiros de 6º e 5º estamos provando un programa moi interesante. Chámase incredibox e permítenos elexir entre varios efectos, melodías e voces e facer a nosa propia composición. É moi dibertido e empezan a chegar xa as primeiras obras destes artístas camariñeses!.Esta é unha mostra, é de Martín de 6º A, noraboa! Pinchade na foto e escoitade!
- Aquí está a de Nando, titulase JABIOTA
- Vai o de Gabriel: Los hermanos Jon e tamén Again(Ole Gabriel!)
- Laura fixo: Manolio Do cosquillo
- Mario; Sounds
- Carla mandou "The Blues"
- Carolina fixo Duf Punk
- Juanmatan3: Big time rush
- Paula e Andrea de 5º: Music pop
- Bieito de 6ºB: Gemelos
- Nerea de 5º: Querido golfito
- Cibrán de 6ºB: The shield
- Borja: Petero
- Noemi e Gabriela:bailando disco
- Arián6ºB: Silencioo
- Javier Mtnez. 6ºA: o rap depepa pig
- Julia 5º: Marcha total
- Adrian 6ºA: Dance on the street
- Jairo: Paralizado
- Vanina: electro music
- Marta 5º:Melody rap
- Lucas: the laze song
- Yanira: el mejor ritmo
- Jose 6ºB: Os chicharelos
- Sara 6ºB: Camarinhas
- Cristina 6ºA:los chicos de la música
- Ryder998:^willirex^( por favor identifícate)
- Miriam 6ºB: Rap
- Desiré: Chorizón
- valeria 6ºA: Isiluruqueruchubi
Moi ben rapaces/as, sodes uns artistas. Boa participación!!
lunes, 11 de noviembre de 2013
MAGOSTO EN CAMARIÑAS
O pasado venres 8 de novembro festexamos o Magosto. Sí, ultimamente se nos xuntan as festas, pero a época das castañas xa ven dende fai un tempo...Comemos castañas asadas, tivemos un pequeno concerto que Carla, Valeria e Sara nos deron coa gaita e pandeiretas. Despois fixemos xogos relacionados coas castañas. Música,castañas e xogos, iso sí que é un bo magosto!
domingo, 3 de noviembre de 2013
CELEBRANDO O SAMAÍN
O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. Fixemos unha exposición de cabazas arrepiantes e logo houbo premios as catro mais terroríficas: un por ciclo.
Despois disfrazámonos e visitamos a portas das clases porque hai un concurso de portas, a ver cal delas mete mais medo!. Merendamos e vimos pelis de medo. Un Samaín completo! Mirade, mirade...
domingo, 20 de octubre de 2013
A VOLTAS CO SAMAIN!
Ola a tod@s!
Un ano maís aquí estamos outra vez, xa ven entrado o curso, preparando cousiñas para os peques. Este ano dende a costa da morte, en Camariñas, onde o vento e o mar fan pulsos e a gheada e o seseo dan música á fala.
Despois da vendimia e coas primeiras castañas, xa sabemos que se achega o Samaín, tempo dos defuntos, caveiras e cabazas, tempo de bruxas, curuxas e pantasma....Tempo de medo pasar!
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Esta tradición de orixe europea foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun carnaval outonal.
Sabías que fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á moda do Halloween? (Vieiros na escola)
Un ano maís aquí estamos outra vez, xa ven entrado o curso, preparando cousiñas para os peques. Este ano dende a costa da morte, en Camariñas, onde o vento e o mar fan pulsos e a gheada e o seseo dan música á fala.Despois da vendimia e coas primeiras castañas, xa sabemos que se achega o Samaín, tempo dos defuntos, caveiras e cabazas, tempo de bruxas, curuxas e pantasma....Tempo de medo pasar!
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Esta tradición de orixe europea foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun carnaval outonal.
Sabías que fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á moda do Halloween? (Vieiros na escola)
Se pinchas no debuxo atoparas un feixe de recursos, contos, videos, etc...que atopei no blog "O recanto de mik"
Tamén atopei no blog "Mi música en el cole" , un documento wix onde están recopilados contos, danzas, manualidades e actividades en referencia ó "Halloween", porque é dun blog de Murcia e por alí non teñen tradición propia. Pinchade e a pasadeo de Medooo!!
miércoles, 19 de junio de 2013
RAP DO VERÁN
"Os nenos de primeiro,
cantamos este ano
un rap moi xeitosiño
con ritmo e con engado"
Así comenza o rap que estamos a preparar para o fin de curso. Nel facemos un repaso da chea de cousas que fixemos durante o curso, e o fan con moito ritmo e moitas ganas! Para mostra un ensaio na clase de música, están sen vestido rapeiro e faltaba algún compañeiro... pero pinta moi ben! Que opinades?
rap do verán from Maruxeira on Vimeo.
martes, 18 de junio de 2013
O MAR, ONDAS E CARACOLAS
Co gallo dos 10 anos de que ocorreu a terrible catástrofe ecolóxica do Prestige, e tendo en conta que no proxecto tratamos todo e canto ten que ver co mar, fixemos un conto, explicando o acontecido e ilustrado polos nenos e nenas dende infantil ata sexto. Títulase "Historia dun barco vello"
sábado, 8 de junio de 2013
LETRAS GALEGAS 2013
Este ano nas letras galegas homenaxeouse ó autor e actor teatral galego Roberto Vidal Bolaño. O cole vestiuse para tal ocasión case case coma unha escenografía teatral. Fixemos máscaras, leimos e falamos do autor, vimos magos actuando...e sobre todo, moi presente O TEATRO. Mirade...
LETRAS GALEGAS 2013 from Maruxeira on Vimeo.
miércoles, 5 de junio de 2013
sábado, 9 de marzo de 2013
A FRAGA ANIMADA
Os meus rapaces, de 1º de primaria, do cole Souto-Donas están feitos uns contistas...Inventaron un conto, logo ilustrarono e por último o plastificaron e encuadernaron. Así quedou de bonitiño! O título tamén foi idea deles...e que estou orgullosa orgullosa!. Espero que o disfrutedes.
Parabéns rapaces!
Parabéns rapaces!
miércoles, 6 de marzo de 2013
Contos para a igualdade
Xa que se acerca o día 8 de Marzo, día da muller. Quería recopilar aquí uns cantos contiños que teñen que ver coa igualdade e a coeducación. O primeiro é este: unha feliz catástrrofe
O seguinte é "Rosa caramelo", que loita contra os estereotipos femininos, e a educación machista.
Este esta en Inglés, pero quen non entende as aventuras de Elmer...
Aquí está otro contiño , que nos fala das "supermamás" que temos, e das familias distintas
lunes, 4 de marzo de 2013
Entroido 2013
Este ano no cole de Donas estamos a traballar un proxecto relacionado co mar. Desta maneira facemos moitas actividades durante o curso relacionadas con este tema, e o entroido non foi menos...O redor dun conto que contaba a historia da catástrofe do Prestige, foron facendo as súas actuacións todos os cursos. Por suposto íamos disfrazados de peixiños, mariscadores, moluscos, etc...Mirade que divertido e bonitiño quedou grazas a profe Olga , que montou este video tan chulo.
enteroido 2013 from Maruxeira on Vimeo.
martes, 19 de febrero de 2013
"WERTNES" NEGRO
O Val Miñor esta en loita!. En resposta a constante agresión o sistema educativo público , os institutos e colexios do Val Miñor únense para protestar en contra de todos os recortes e e a chea de leis que o goberno do PP leva a cabo en deterioro da educación pública galega.
Unha das medidas son os chamados "VENRES NEGROS", onde os docentes e membros da comunidade educativa fan concentracións de protesta, todos vestidos de negro, nos centros educativos antes de comenzaren a xornada. Eiquí un exemplo do C.E.I.P Souto-Donas.
Haberá mais medidas e mais protestas.
De momento, os venres no Val Miñor están de loito.
De momento, os venres no Val Miñor están de loito.
viernes, 15 de febrero de 2013
DÍA DA PAZ´13
Coincidencias da vida... no cole de Souto-Donas decidiron facer un lipdub o día da Paz, pero o curioso é que pensaron na mesma canción que o ano pasado fixemos no cole de Castrillón, en Coiro, Cangas. Como podedes comprobar quedou sinxelo e bonitiño. Parabéns a todos os/as rapaces/zas de Donas polo seu entusiasmo e traballo. Ahí vai!
miércoles, 16 de enero de 2013
HISTORIA DA MÚSICA EN ILUSTRACIÓNS
Non ten desperdicio! Unha clase de historia da música ilustrada e completa en sete minutos. Xenial!
jueves, 6 de diciembre de 2012
martes, 27 de noviembre de 2012
EXCURSION Ó TEATRO E Ó CASTRO
O venres 23 fomos de excursión a Vigo todo o primeiro ciclo. Primeiro fomos ó teatro a ver os títeres de Tanxarina, que sempre fan con tanto gusto a agarimo. Despois aproveitamos para ir a merendar ó monte do Castro. Despois dun rato xogando, fomos a unha visita guiada do Castro. Vimos como eran as casas castrexas e as romanas. Como vivían, que comían...Foi unha visita intensa pero gustou moito. Aquí tedes unha mostra do noso día!
sábado, 24 de noviembre de 2012
DANZA AFRICANA
No obradoiro de "danzas do mundo" que estamos a facer no cole, uníusenos unha nai, Mamer, a nai de Xan e Lira. Ela deunos unha clase preciosa de danza africana. Sudamos, bailamos e disfrutamos moito, cos distintos ritmos africanos e os seus movementos.
Grazas por compartir con nos este día Mamer!!
Aquí queda unha mostra do obradoiro.
lunes, 17 de septiembre de 2012
PIZZIPEDIA
Estou segura de que tod@s coñecedes ese programa que hai os sábados as 12 da mañá, na 2 de TVE, que achega os rapaces á música clásica. Efectivamente chámase PIZZICATO . Nel sempre aparecen un montón de curiosidades musicais, rapaces tocando,etc...Na web deste programa teñen unha "enciclopedia musical" moi interesante á que lle chaman Pizzipedia.
Botade unha ollada, hai cousas ben interesantes...
PIZZIPEDIA
Botade unha ollada, hai cousas ben interesantes...
PIZZIPEDIA
domingo, 16 de septiembre de 2012
Cancións da terra
Benvidos ó cole!!! Comenza o curso 2012- 2013 con cambios...este ano vou ser titora de primeiro de primaria, así que a miña actividade como profe de música vai quedar estancada polo menos durante un bo anaco. De todos os xeitos seguirei colgando curiosidades e traballos feitos cos rapaces, xa que este blog e algo mais que un blog de música. Mentres, para darvos a benvida e ir abrindo boca, invítovos a que escoitedes esta cantiga en galego. Un saúdo a tod@s!!
martes, 24 de julio de 2012
TROMPAS ALPINAS
Estas vacacións estando eu por Padua, Italia, cadrou que habia un festival folclórico europeo. Dentre moitas cousas curiosas atopei unha que non adoitamos ver or aquí: son as trompas alpinas. Curioso instrumento e sonido. Así que gravei un pequeno vidio para que as podades escoitar. Espero que vos guste!
P1040588 from Maruxeira on Vimeo.
P1040588 from Maruxeira on Vimeo.
viernes, 6 de julio de 2012
EU FALAREI!
Que gusto da atopar traballos así...tan ben feitos e con tanto contido e compromiso! Comparto con vos este Lipdub feito polo alumnado e profesorado do IES de Chapela.Que o disfrutedes!
viernes, 29 de junio de 2012
VACACIÓNS DE VERÁN
A PESARES DOS RECORTES AOS QUE NOS SOMETE A XUNTA AOS INTERINOS E SUBSTITUTOS, FELICES VACACIÓNS A TOD@S!
VOLTAMOS EN SETEMBRO!
(igual polo medio blogueamos un pouco... ;P)
jueves, 7 de junio de 2012
O CONTO DOS SILENCIOS
Teño un amigo, que se chama Rodrigo Chao que é ilustrador de contos. É un oficio que a tod@s nos encanta pero supón moitas horas de traballo e pouco recoñecemento(persoal e económico). A verdade é que cando vamos a casa de Rodri e Montse é unha gozada ver os seus debuxos, como traballa co ordenador e todos os libros que leva ilustrado, un artista vamos...
Este vidio é unha das súas obras, titúlase "O conto dos silencios" e para a nosa clase de música vennos ó pelo. Vamos a poñer música e sons a tres contos distintos, entre eles este.
Agardo que vos guste!
jueves, 24 de mayo de 2012
CORRELINGUA E PESDELÁN
Durante este curso e dacordo con outros profes de música da comarca, comenzamos un proxecto que ó final variou pero que foi moi divertido e didáctico. Tratouse dunha invitación ao pracer de cantar e bailar o noso patrimonio cultural, así que inspirados polo libro-cd que o grupo Pesdelán creou fai un par de anos titulado " Na punta do pé ", preparamos un repertorio de danzas propias da tradición galega e tamén da dos nosos curmáns os portugueses.
Para os rapaces e rapazas do segundo e terceiro ciclo de primaria reservamos danzas con máis dificultade, como A cirigoça, O pingacho ou unha Muiñeira...
Comenzamos xa fai ben tempo...dividimos as danzas según a súa complexidade e os nen@s de infantil e de 1º e 2º de primaria preparamos cinco danzas ó longo destes meses. Algunhas gustáronnos especialmente: o Garutiño, O camiño de Viseu, O vello mentireiro...
Para os rapaces e rapazas do segundo e terceiro ciclo de primaria reservamos danzas con máis dificultade, como A cirigoça, O pingacho ou unha Muiñeira...
Despois dun longo
ensaio, ocurriuselles os organizadores do Correlingua, que como sabedes é
unha festa que se fai nos arredores do día das letras galegas para
festexar a nosa lingua, xuntar éste co concerto didáctico do Grupo Pesdelán, así que, dobre festa!
O 14 de Maio, sete grupos do centro marchamos a Moaña, onde se fetexaba o Correlingua para toda a comarca do Morrazo. 17 coles se uniron a nós nesta festa!
Alí fixemos unha pequena camiñata polo centro da vila ata o palco da música, mentres os mais pequenos de infantil agardaban por nós facendo distintos talleres plásticos e musicais.
Despois comenzou o concerto e 1.500 rapaces e rapazas nos puxemos a bailar xuntiños todas esas danzas aprendidas ó longo do curso. Que ben o fixemos e que risas nos botamos!
Ata o ano próximo!
viernes, 18 de mayo de 2012
EU ESTUDIEI NA PÚBLICA
Hoxe toca unha de reivindicación e de concienciación: pola calidade e necesidade do ensino público!
Vin este vidio no blog "casa de tol@s"
lunes, 14 de mayo de 2012
CARAMELIÑOS MUSICAIS
Para comenzar a semana cun bo sabor de boca, aquí vos deixo un regaliño para os sentidos...Non se pode empezar mellor o día! Espero que vos guste!
martes, 8 de mayo de 2012
MAIOS
Maio longo... maio longo. Rosalía de Castro
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)
Pincha no título para escoitar catro versión musicais do poema
Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)
Pincha no título para escoitar catro versión musicais do poema
A festa dos maios
é unha festa pagana que naceu ligada ao comenzo da primavera, á recolección da sembra, cando unha
forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os
campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.
Os maios máis tradicionais
e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e
vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas,
cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no
seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os
demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día,
ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden
adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...
Os nenos de 4 anos do cole tamén aprenden a cantar coplas de maios...
Se pinchades na seguinte foto atoparemos un enlace a un blog chamado " Caracolatola" onde teñen un Lim interesante sobre os maios, onde poderemos aprender motas cousas sobre estas festas.
Tamén neste slideshare veremos moita información sobre esta festa, as coplas, cancións e lugares onde máis se celebran: Pontevedra, Vilagarcia de Arousa, Ourense, Redondela...
Por agora, ben chega para ir tomando contacto con esta celebración tan de noso!
domingo, 6 de mayo de 2012
CELEBRANDO A LINGUA
Cando ti volvas... Valentín Paz-Andrade
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dend-a Torre d'Hercules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas pol-o mare;
dos castros na coróa unha cachela,
cando ti volvas pol-o mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas pol-o mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas pol-o mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas pol-o mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas pol-o mare;
veliñas â xanela en cada casa,
cando ti volvas pol-o mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas pol-o mare,
cando ti volvas pol-o mare...
Paz Andrade, Valentín (1955). Pranto matricial (Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires)
Este ano 2012 o autor homenaxeado no día das letras galegas é Valentín Paz Andrade, reputado xornalista, poeta e en definitiva escritor. Na imaxe seguinte atoparemos información e enlaces moi interesantes que recopilou "A web de Norberto" de traballos doutros centros. Tamén, como vedes na imaxe, hai Lims, algún vidio e xogos para aprendermos moito sobre Paz Andrade. Pincha na imaxe.
Os recursos que podemos atopar aquí, son unha recopilación de páxinas, enlaces, webquest e información que "O recanto de Mik" fixo sobre o autor homenaxeado, así que vamos a proveitar este fantástico traballo para mergullarnos no tema. Pincha na foto do autor!
sábado, 5 de mayo de 2012
DÍA DO LIBRO II
Este ano no día do libro fixemos unha actividade ben bonita! Eu, que recorro coles, sei que é desas cousas que vas a exportar(si te deixan, claro).
O 23 de abril na hora de ler, despois do recreo, os rapaces e rapazas de 3º a 6º de primaria fixeron de "irmán maior" e foron buscar un nen@ de infantil ou 1º ciclo. Atoparon o seu recuncho polo centro e contáronlle un conto. Os pequechos agradecidos dábanlle os seus contacontos un pegatina de Buli, a mascota da biblioteca.
Daba gusto velos mergullados na lectura e responsables dos pequenos! Gustoume moito! Noraboa ó centro pola iniciativa!
Daba gusto velos mergullados na lectura e responsables dos pequenos! Gustoume moito! Noraboa ó centro pola iniciativa!
DIA DO LIBRO.DEF - presentacion imagenes
Por certo, aproveitar para deixar o enlace do blog da bilioteca do cole, chámase "A morada de Buli", se pinchas na mascota podes acceder a el e ver as novidades...
martes, 1 de mayo de 2012
Premio entre bloggers, que guay!
Hoxe recibín un regalo que me fixo moita ilusión e me emocionou ainda mais, sobre todo porque sei co agarimo con que o mandan. Moitísimas grazas Aniña por animarme sempre e valorarme!
Explicoo...pois resulta que os bloggeiros elixen 5 dos seus blogs favoritos e mándalles un premio, así que se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea. As intruccións son as seguintes:
- Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho otorgou.
- Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
- Confiar en que continúen a cadea premiando a sua vez os seus cinco blogs preferidos.
Ahí van os meus elexidos:
- Anaquiños e xoaniñas : da miña querida amiga "mestraprimaria" ou Aniña, da que sempre aprendo tanto
- O recanto de Mik: do que recollo tantos e tantos recursos. Marabilloso blog de biblioteca, e mais...
- As cousas da clase : blog de aula da miña compañeira Geni, que fai un traballo bloggeiro e pedagóxico impresionante
- Mi música en el cole: a quen sigo con grande admiración
- Ceip Vicente Risco: non me podo esquecer de Duli, a profe de música dese cole, que me ensinou a facer blogs e moitas cousas mais.
Quedan moitos os que me gustaría agradecer a vosa dedicación, xenerosidade e a pedagoxía que facedes. Espero poder seguir dando mais premios...Grazas a todos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



























