sábado, 9 de marzo de 2013

A FRAGA ANIMADA

Os meus rapaces, de 1º de primaria, do cole Souto-Donas están feitos uns contistas...Inventaron un conto,  logo ilustrarono e por último o plastificaron e encuadernaron.  Así quedou de bonitiño! O título tamén foi idea deles...e que estou orgullosa orgullosa!. Espero que o disfrutedes. 
Parabéns rapaces!



miércoles, 6 de marzo de 2013

Contos para a igualdade

  Xa que se acerca o día 8  de Marzo, día da muller. Quería recopilar aquí uns cantos contiños que teñen que ver coa igualdade e a coeducación. O primeiro é este: unha feliz catástrrofe


 

   O seguinte é "Rosa caramelo", que loita contra os estereotipos femininos, e a educación machista.


   Este esta en Inglés, pero quen non entende as aventuras de Elmer...


Aquí está otro contiño , que nos fala das "supermamás" que temos, e das familias distintas




Outro ven divertido e diferente..."El principe ceniciento"



Outro conto interesante é o seguinte. Elaborado pola nosa orientadora Carmina. Espero que vos gusten!


lunes, 4 de marzo de 2013

Entroido 2013

   Este ano no cole de Donas estamos a traballar un proxecto relacionado co mar. Desta maneira facemos moitas actividades durante o curso relacionadas con este tema, e o entroido non foi menos...O redor dun conto que contaba a historia da catástrofe do Prestige, foron facendo as súas actuacións todos os cursos. Por suposto íamos disfrazados de peixiños, mariscadores, moluscos, etc...Mirade que divertido e bonitiño quedou grazas a profe Olga , que montou este video tan chulo.


martes, 19 de febrero de 2013

"WERTNES" NEGRO

 O Val Miñor esta en loita!. En resposta a constante agresión o sistema educativo público , os institutos e colexios do Val Miñor únense para protestar en contra de todos os recortes e e a chea de leis  que o goberno do PP leva a cabo en deterioro da educación pública galega.
   Unha das medidas son os chamados  "VENRES NEGROS",  onde os docentes e membros da comunidade educativa  fan concentracións de protesta, todos vestidos de negro, nos centros educativos antes de comenzaren a xornada. Eiquí un exemplo do C.E.I.P Souto-Donas.


                                              Aquí un anaco dun telexornal cubrindo a noticia.           
Haberá mais medidas e mais protestas. 
De momento, os venres no Val Miñor están de loito.


viernes, 15 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ´13

Coincidencias da vida... no cole de Souto-Donas decidiron facer un lipdub o día da Paz, pero o curioso é que pensaron na mesma canción que o ano pasado fixemos no cole de Castrillón, en Coiro, Cangas. Como podedes comprobar quedou sinxelo e bonitiño. Parabéns a todos os/as rapaces/zas de Donas polo seu entusiasmo e traballo. Ahí vai!


miércoles, 16 de enero de 2013

HISTORIA DA MÚSICA EN ILUSTRACIÓNS

   Non ten desperdicio! Unha clase de historia da música ilustrada e completa en sete minutos. Xenial!


jueves, 6 de diciembre de 2012

martes, 27 de noviembre de 2012

EXCURSION Ó TEATRO E Ó CASTRO

O venres 23 fomos de excursión a Vigo todo o primeiro ciclo. Primeiro fomos ó teatro a ver os títeres de Tanxarina, que sempre fan con tanto gusto a agarimo. Despois aproveitamos para ir a merendar ó monte do Castro. Despois dun rato xogando, fomos a unha visita guiada do Castro. Vimos como eran as casas castrexas e as romanas. Como vivían, que comían...Foi unha visita intensa pero gustou moito. Aquí tedes unha mostra do noso día!

sábado, 24 de noviembre de 2012

DANZA AFRICANA

   No obradoiro de "danzas do mundo" que estamos a facer no cole, uníusenos unha nai, Mamer, a nai de Xan e Lira. Ela deunos unha clase preciosa de danza africana. Sudamos, bailamos e disfrutamos moito, cos distintos ritmos africanos e os seus movementos.

    Grazas por compartir con nos este día Mamer!! 
Aquí queda unha mostra do obradoiro.


                    danza africana from Maruxeira on Vimeo.

lunes, 17 de septiembre de 2012

PIZZIPEDIA

   Estou segura de que tod@s coñecedes ese programa que hai os sábados as 12 da mañá, na 2 de TVE, que achega os rapaces á música clásica. Efectivamente chámase  PIZZICATO . Nel sempre aparecen un montón de curiosidades musicais, rapaces tocando,etc...Na web deste programa teñen unha "enciclopedia musical" moi interesante á que lle chaman Pizzipedia
     Botade unha ollada, hai cousas ben interesantes...

                                                 PIZZIPEDIA

domingo, 16 de septiembre de 2012

Cancións da terra

Benvidos ó cole!!! Comenza o curso 2012- 2013 con cambios...este ano vou ser titora de primeiro de primaria, así que a miña actividade como profe de música vai quedar estancada polo menos durante un bo anaco. De todos os xeitos seguirei colgando curiosidades e traballos feitos cos rapaces, xa que este blog e algo mais que un blog de música. Mentres, para darvos a benvida e  ir abrindo boca, invítovos a que escoitedes esta cantiga en galego.                  Un saúdo a tod@s!!


martes, 24 de julio de 2012

TROMPAS ALPINAS


Estas vacacións estando eu por Padua, Italia, cadrou que habia un festival folclórico europeo. Dentre moitas cousas curiosas atopei unha que non adoitamos ver or aquí: son as trompas alpinas. Curioso instrumento e sonido. Así que gravei un pequeno vidio para que as podades escoitar. Espero que vos guste!

 
P1040588 from Maruxeira on Vimeo.

viernes, 6 de julio de 2012

EU FALAREI!

Que gusto da atopar traballos así...tan ben feitos e con tanto contido e compromiso! Comparto con vos este Lipdub feito polo alumnado e profesorado do IES de Chapela.Que o disfrutedes!

viernes, 29 de junio de 2012

VACACIÓNS DE VERÁN






A PESARES DOS RECORTES AOS QUE NOS SOMETE A XUNTA AOS INTERINOS E SUBSTITUTOS, FELICES VACACIÓNS A TOD@S!
 VOLTAMOS EN SETEMBRO!
(igual polo medio blogueamos un pouco... ;P)


jueves, 7 de junio de 2012

O CONTO DOS SILENCIOS

  Teño un amigo, que se chama Rodrigo Chao que é ilustrador de contos. É un oficio que a tod@s nos encanta pero supón moitas horas de traballo e pouco recoñecemento(persoal e económico). A verdade é que cando vamos a casa de Rodri e Montse é unha gozada ver os seus debuxos, como traballa co ordenador e todos os libros que leva ilustrado, un artista vamos...
   Este vidio é unha das súas obras, titúlase "O conto dos silencios" e para a nosa clase de música vennos ó pelo. Vamos a poñer música e sons a tres contos distintos, entre eles este.
Agardo que vos guste!

jueves, 24 de mayo de 2012

CORRELINGUA E PESDELÁN

   Durante este curso e dacordo con outros profes de música da comarca, comenzamos un proxecto que ó final variou pero que foi moi divertido e didáctico. Tratouse dunha invitación ao pracer de cantar e bailar o noso patrimonio cultural, así que inspirados polo libro-cd  que o grupo Pesdelán creou fai un par de anos titulado " Na punta do pé ", preparamos un repertorio de danzas propias da tradición galega e tamén da dos nosos curmáns os portugueses.
    Comenzamos xa fai ben tempo...dividimos as danzas según a súa complexidade e os nen@s de infantil e de 1º e 2º de primaria preparamos cinco danzas ó longo destes meses. Algunhas gustáronnos especialmente: o Garutiño, O camiño de Viseu, O vello mentireiro...

  

 





  





Para os rapaces e rapazas do segundo e terceiro ciclo de primaria reservamos danzas con máis dificultade, como  A cirigoça, O pingacho ou  unha Muiñeira...

  
  Despois dun longo ensaio, ocurriuselles os organizadores do Correlingua, que como sabedes é unha festa que se fai nos arredores do día das letras galegas para festexar a nosa lingua, xuntar éste co concerto didáctico do Grupo Pesdelán, así que, dobre festa!

  
    O 14 de Maio, sete grupos do centro marchamos a Moaña, onde se fetexaba o Correlingua para toda a comarca do Morrazo. 17 coles se uniron a nós nesta festa!






Alí fixemos unha pequena camiñata polo centro da vila ata o palco da música, mentres os mais pequenos de infantil agardaban por nós facendo distintos talleres plásticos e musicais.
 



    



   
   
  
 Despois comenzou o concerto e 1.500 rapaces e rapazas nos puxemos a bailar xuntiños todas esas danzas aprendidas ó longo do curso. Que ben o fixemos e que risas nos botamos! 


    Ata o ano próximo!

viernes, 18 de mayo de 2012

EU ESTUDIEI NA PÚBLICA

Hoxe toca unha de reivindicación e de concienciación: pola calidade e necesidade do ensino público!


Vin este vidio no blog "casa de tol@s"

lunes, 14 de mayo de 2012

CARAMELIÑOS MUSICAIS

Para comenzar a semana cun bo sabor de boca, aquí vos deixo un regaliño para os sentidos...Non se pode empezar mellor o día! Espero que vos guste!

martes, 8 de mayo de 2012

MAIOS

Maio longo... maio longo. Rosalía de Castro

Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,

fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.


Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)
Pincha no título para escoitar catro versión  musicais do poema

A festa dos maios é unha festa pagana que naceu ligada ao comenzo da primavera, á recolección da sembra, cando unha forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.

Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día, ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...

Os nenos de 4 anos do cole tamén aprenden a cantar coplas de maios...


Se pinchades na seguinte foto atoparemos un enlace a un blog chamado " Caracolatola" onde teñen un Lim interesante sobre os maios, onde poderemos aprender motas cousas sobre estas festas. 

Tamén neste slideshare veremos moita información sobre esta festa, as coplas, cancións e lugares onde máis se celebran: Pontevedra, Vilagarcia de Arousa, Ourense, Redondela...



Por agora, ben chega para ir tomando contacto con esta celebración tan de noso!


domingo, 6 de mayo de 2012

CELEBRANDO A LINGUA



 Cando ti volvas... Valentín Paz-Andrade

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dend-a Torre d'Hercules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas pol-o mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas pol-o mare;
dos castros na coróa unha cachela,
cando ti volvas pol-o mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas pol-o mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas pol-o mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas pol-o mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas pol-o mare;
veliñas â xanela en cada casa,
cando ti volvas pol-o mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas pol-o mare,
cando ti volvas pol-o mare...

Paz Andrade, Valentín (1955). Pranto matricial (Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires)
 
 Este ano 2012 o autor homenaxeado no día das letras galegas é Valentín Paz Andrade, reputado xornalista, poeta e en definitiva escritor. Na imaxe seguinte atoparemos información e enlaces moi interesantes  que recopilou "A web de Norberto" de traballos doutros centros. Tamén, como vedes na imaxe, hai Lims, algún vidio e xogos para aprendermos moito sobre Paz Andrade. Pincha na imaxe.
 




      Os recursos que podemos atopar aquí, son unha recopilación de páxinas, enlaces, webquest e información que "O recanto de Mik" fixo  sobre o autor homenaxeado, así que vamos a proveitar este fantástico traballo para mergullarnos no tema. Pincha na foto do autor!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...