Comenzamos xa fai ben tempo...dividimos as danzas según a súa complexidade e os nen@s de infantil e de 1º e 2º de primaria preparamos cinco danzas ó longo destes meses. Algunhas gustáronnos especialmente: o Garutiño, O camiño de Viseu, O vello mentireiro...
Para os rapaces e rapazas do segundo e terceiro ciclo de primaria reservamos danzas con máis dificultade, como A cirigoça, O pingacho ou unha Muiñeira...
Despois dun longo
ensaio, ocurriuselles os organizadores do Correlingua, que como sabedes é
unha festa que se fai nos arredores do día das letras galegas para
festexar a nosa lingua, xuntar éste co concerto didáctico do Grupo Pesdelán, así que, dobre festa!
O 14 de Maio, sete grupos do centro marchamos a Moaña, onde se fetexaba o Correlingua para toda a comarca do Morrazo. 17 coles se uniron a nós nesta festa!
Alí fixemos unha pequena camiñata polo centro da vila ata o palco da música, mentres os mais pequenos de infantil agardaban por nós facendo distintos talleres plásticos e musicais.
Despois comenzou o concerto e 1.500 rapaces e rapazas nos puxemos a bailar xuntiños todas esas danzas aprendidas ó longo do curso. Que ben o fixemos e que risas nos botamos!
Ata o ano próximo!