jueves, 2 de diciembre de 2010

XA CHEGA O NADAL!

Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.
O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.
Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. Tamén deixa agasallos agachados pola casa para que os nenos e as nenas os busquen o se ergueren. Se queres saber mais sobre o apalpador, lee o conto pinchando no libro...



Aquí tamén podedes atopar moitas obras de teatro para traballar no Nadal e noutras festas do cole.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...