martes, 8 de mayo de 2012

MAIOS

Maio longo... maio longo. Rosalía de Castro

Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,

fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.


Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)
Pincha no título para escoitar catro versión  musicais do poema

A festa dos maios é unha festa pagana que naceu ligada ao comenzo da primavera, á recolección da sembra, cando unha forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.

Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día, ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...

Os nenos de 4 anos do cole tamén aprenden a cantar coplas de maios...


Se pinchades na seguinte foto atoparemos un enlace a un blog chamado " Caracolatola" onde teñen un Lim interesante sobre os maios, onde poderemos aprender motas cousas sobre estas festas. 

Tamén neste slideshare veremos moita información sobre esta festa, as coplas, cancións e lugares onde máis se celebran: Pontevedra, Vilagarcia de Arousa, Ourense, Redondela...



Por agora, ben chega para ir tomando contacto con esta celebración tan de noso!


2 comentarios:

Sonia dijo...

os mellores os de infantil

María- música dijo...

Home claro! Cabía dúbida?

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...