Como vimos falando estes anos, estase a recuperar a figura do Apalpador, ese home das montañas que baixa o 31 de decembro a apalparlle as barrigas os nenos e nenas e agasalla castañas e xogueites feitos por él , de madeira. Ahí tedes un vidio cunha entrevista a Xoan G. autor de dous dos contos feitos sobre o apalpador, onde nos conta moitas curiosidades.
A Fundación Artábria elaborou unhas unidades didácticas para infantil e primaria, son moi aproveitables...pincha no debuxo do apalpador! Tamén o tes en formato dixital en http://issuu.com/fartabria/docs/udapalpador
Tamén podedes entrar na páxina do apalpador e atopar os contos en formato dixital, láminas para colorear, cartas ó apalpador e moitas mais cousiñas...Pincha AQUÍ
Existen tamén cantigas sobre esta personaxe mítica, moitas copliñas distintas, e como exemplo esta que canta Xavier Díaz co pandeiro.
E outra feita polo grupo Malvela. Mira mira...
Tamén hai moitas actividades Lim sobre este tema, esta é unha feita na Barbanza, a ver que vos parece?
No hay comentarios:
Publicar un comentario