viernes, 16 de mayo de 2014

PODA DE PINOS


Coa chegada da primavera e animados polo proxecto do cole de VOZ NATURA, os rapaces de quinto e sexto de primaria fomos a podar o monte do Seixo, en Camariñas. No 2006 houbo un gran incendio que arrasou este monte e anos despois o repoboaron. Así que , o mércores 9 de abril, guiados polos guardas forestais do distrito de Vimianzo e ataviados co material necesario, dividímonos en pequenos grupos e podamos boa cantidade de pinos a medio medrar.
Nuns aniños veremos este monte totalmente recuperado e saberemos que nos puxemos o noso graíño de area nesa reforestación. 


No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...