Este ano, o alumnado de 4º, 5º e 6º fixeron
un proxecto musical moi interesante.Trataba do seguinte: primeiro, aprendimos o
que era un luthier, despois estivemos vendo no blog de música varias
páxinas onde falaban da construcción de instrumentos musicais
"caseiros" e con material de refugallo.
A partir de aquí e coa axuda dos nosos pais
e nais, avós, irmáns, etc...puxémonos mans a obra. E dúas semaniñas xa tíñamos
verdadeiras obras de arte. Hai guitarras que parecen mercadas nunha tenda de
música,frautas case "máxicas", salterios marabillosos, maracas, paos
de chuvia, baterías, zambombas, xilófonos, tambores...
Cando foron chegando os instrumentos
preparamos unha exposición no pasillo do cole.
Enoraboa os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º
do cole polo seu entusiasmo e traballo e grazas os familiares pola súa
colaboración. Así da gusto, que orgullosiña estou!. Podedes ver nesta presentación este traballo tan ben feito!
INSTRUMENTOS CAMARIÑAS from Maruxeira on Vimeo.
INSTRUMENTOS CAMARIÑAS from Maruxeira on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario