Outro ano mais comenzamos un novo curso, e queremos facelo con moitas ganas de aprender e moi bo humor. Aquí poñemos uns recursos para utilizar os primeiros días de clase para poñernos en marcha. Veña darlle ó ON !
Xogos para poñer en marcha o cerebro despois de tantos día de vacacións.Veña a darlle ó coco!
VIVAJUEGOS(pincha)
Para comenzar ben propoño estes cortos animados no que se tratan temas que nos interesan na aula; a diversidade, o compañerismo o traballo en grupo,etc...a ver si nos anima ó comenzo!
"Interacción cos iguais”, este é título deste recuso didáctico orientado a mostrar as formas de conduta e de comportamento para vivir de maneira axeitada cada unha das situacións da vida cotiá.
Para rematar o noso reencontro imos facelo escoitando e vendo esta canción,que nos enche de bo rollo e de ganas de poñer o noso gran de area para facer un mundo mellor
Algúns destes recursos atopeinos no blog, pabloquintasprimaria.wordpress.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario