Coma todos os 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía De Castro. Este ano ademáis de tocarnos como poeta do mes, o equipo de normalización lingüística xunto ao de animación á lectura propuxemos a seguinte actividade:
Imos mandar unha postal en conmemoración deste día, copiando un anaco dun poema de Rosalía, coloreando unha caricatura da autora e escribindo unhas verba para a familia. Logo iremos a correos para enviala.
En colaboración co concello de Vilaboa fixemos un "fotocol", onde posamos con versos de poemas de Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario