Este ano polo entroido e dacordo coa temática do salón do libro de Pontevedra " Canta bichería", disfrazámonos de bichiños, cada clase ou ciclo fixo os seus. Nos éramos bichos especiais, que vos parece?
Tamén viñeron da asociación de entroido de Cobres a contarnos como é a tradición da zona de santa Cristina e de San Adrián. Como bailan as Madamas e Galáns e como é a súa vestimenta. Acompañáronos tamén compañeiros de 2º da ESO (Joana e Alejandro) vestidos e dispostos a facernos varias danzas. Mirade que guapos!. Grazas rapaces!
Vimos o traballón que da elaborar os sombreiros e facer os traxes...
Que ben lle senta a Gabi eh?
Por último e non por iso menos apetecibel, o tradicional concurso de doces de entroido do cole do Toural. Aquí unha pequena mostra co alumnado de 4ºde primaria.. Que rico estaba todo! Grazas pola vosa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario